Para o curso 2006-07 decidimos apostar por realizar unha actividade centrada na compostaxe mediante a utilización de Bokashi.
O proxecto consiste na instalación de cubos para a recollida selectiva dos residuos xenerados na escola.
Os residuos orgánicos eran tratados co bokashi, un producto elaborado a partir do salvado, que acelera a descomposición de materia orgánica.
Esixiu que os rapaces diferenciasen o que era materia orgánica do que non o era e resonsabilizarse da separación e recollida do lixo.
Axudounos un conto feito por Maite, Andrés, Nelson e Paola, pais e alumnos, respectivamente, da escola.
Esta actividade tivo un enfoque práctico, posto que o obxectivo era producir abono para a repoboación que fixemos no patio despois dun intercambio de terreos. Para iso foinos de gran utilidade un vello número da revista Quercus, da que sacamos información e unhas simpáticas ilustracións. Grazas QUERCUS!!
SEPARACIÓN
Introdución no bidón
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Documentos sobre compostaxe con E.M. Bokashi
- informacioncompostaxepofesorado.doc [290 KB]
- enquisascompostaxe.doc [123 KB]
- unidacompostaxcompletacompleta.doc [8.228 KB]
- plantacion.doc [8.121 KB]








