Que fixemos?

Preparamos unha programación de actividades para todos os ciclos e elaboramos unha serie de propostas para o traballo que estimulase procesos de colaboración entre os diferentes niveis. Coas respostas elaboramos "A enciclopedia da auga" que se entregou co periódico escolar.
O traballo concluiu coa construcción dunha poza e unha "Festa dos xogos de auga" na que participou todo o alumnado do centro.
Para levar adiante este proxecto levamos a cabo durante o curso 2003-04, un Plan de Formación no Centro subvencionado pola Consellería de Educación.

DOCUMENTOS