APRENDIZAXE NO MANEXO


A nosa aula de informática permite realizar a aprendizaxe no manexo das ferramentas informáticas, o seu uso como un recurso didáctico e a publicación do noso periódico escolar

12 POSTOS EN REDE


Contamos con 12 postos con conexión a internet e impresión en rede. Iso permite que nas clases de informática teñamos un ordenador para cada dous alumnos nas clases máis numerosas.

DESENVOLVEMENTO BÁSICO


A partir de 3º comezamos o manexo dalgúns programas realizando traballos básicos, sen esquecernos de realizar algunhas actividades ou xogos de interese.

DESEÑO DO PERIÓDICO ESCOLAR


O deseño da portada e das páxinas do periódico escolar son os proxectos cos que rematamos a formación no manexo das ferramentas informáticas. O uso do escáner e o uso da rede para intercambio de información entre os diferentes grupos é imprescindible.