PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO
INTRODUCIÓN.
O Proxecto Lingüístico de Centro do CEIP do Hío plasma os obxectivos e fins relacionados coa aprendizaxe e dominio das dúas linguas oficiais de Galicia, establecidos no Estatuto de autonomía de Galicia, Lei de normalización lingüística, Plan xeral de normalización da lingua galega, LOE, o currículo de Educación Primaria e o Decreto que regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo; destacando especialmente:
Adquirir de forma oral e escrita a competencia lingüística nas dúas linguas oficiais.Progresar na consecución dunha competencia lingüística en inglés, axeitada ao nivel educativo de que se trate, que facilite que ao remate do ensino secundario se logre un dominio desa lingua oral e escrita en múltiples contextos, e o uso funcional.Conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso.Erradicar o emprego sexista da lingua galega e castelá en todos os ámbitos.
O interese e preocupación no CEIP do Hío por acomodarse á realidade lingüística do entorno e por impulsar a revalorización da cultura galega e en especial da lingua, é unha constante desde os seus inicios. A implicación do Claustro, froito do contacto coa realidade diaria e a reflexión sobre a mesma, fixo que progresivamente o galego fora gañando espazo educativo, grazas a medidas en moitas ocasións innovadoras con respecto aos usos máis habituais nos centros educativos galegos. Así, no ano 1994/95, nun acordo de Claustro óptase pola galeguización total da escola nas esferas educativas e administrativas, sen perder de vista o obxectivo xeral de acadar a competencia lingüística na dúas linguas oficiais.
A redacción do Proxecto Lingüístico de Centro realizarase atendendo á normativa vixente e á bagaxe experiencial acumulada, que entre outras cousas nos mostra a potente influencia dos medios de comunicación e da familia en relación co emprego funcional dunha ou outra lingua e a facilidade de adaptación do alumnado, incluso o de necesidades educativas especiais, para converterse en falantes bilingües, galegofalantes no contorno escolar.
1. DETERMINACIÓN DAS LINGUAS QUE SE EMPREGARÁN EN CADA ÁREA.
En Educación Infantil empregarase como lingua vehicular o galego. Tómase esta decisión en coherencia co acordo de Claustro adoptado no curso 1994/95 que recollía os seguintes puntos: “A aprendizaxe da lecto-escritura farase en galego”. “O galego será a lingua vehicular de todas as materias agás na de lingua castelá”. “A lingua castelá de 1º ciclo será impartida por profesorado distinto do titor ou titora”. Desde esa data o acordo está en aplicación, e curso a curso está sendo ratificado con datos reais de aumento do uso da lingua galega en aspectos cualitativos e cuantitativos, sendo sen lugar a dúbidas o idioma base de aprendizaxe e de comunicación entre profesorado e alumnado. Ao mesmo tempo non se observa retroceso no dominio oral e escrito da lingua castelá.Posteriormente, con data de 29 de xuño de 2000, o Consello Escolar aprobou o PEC e o PCC no que se recollía a planificación do proceso normalizador que se desenvolveu ata agora no Centro.
Por extensión do acordo anterior impártense en galego as áreas de educación artística, educación física e relixión; e na área de lingua estranxeira, nas interrelacións co alumnado nunha lingua diferente ao inglés, empregarase o galego. Decisións coincidentes co grupo de medidas 2.1.H. do Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado polo Parlamento de Galicia o 21/09/04 e do Decreto 124/2007 de 28 de xuño.Como consecuencia do acordo de Claustro referido anteriormente, a área de lingua castelá e literatura de primeiro ciclo pasa a ser impartida por unha profesora ou profesor distinto do/a titor/a, acordando igualmente un sistema de rotacións no que participa o profesorado de 2º e 3º ciclo e o profesorado especialista con disponibilidade horaria, rotación que pode ser modificada cando haxa profesorado que voluntariamente queira ocuparse desa función.En virtude do Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado polo Parlamento de Galicia o 21/09/04 e do decreto 124/2007 de 28 de xuño impartiranse en galego as areas de matemáticas, coñecemento do medio natural social e cultural e a área de educación para a cidadanía e dereitos humanos.
2. MEDIDAS DE APOIO E REFORZO PARA UN CORRECTO USO LINGÜÍSTICO ESCOLAR E EDUCATIVO
2.1.Uso do galego como lingua vehicular nunha parte significativa do currículo.
2.2. Erradicación do emprego sexista da lingua galega e castelá en todos os ámbitos.
2.3. Uso do galego como lingua vehicular:nas relacións mutuas e internas do profesoradonas relacións entre profesorado e alumnadonas relacións entre profesorado e familiasnas relacións entre profesorado a as administracións territoriais e locais galegas e demais entidades públicas e privadas de Galiciana redacción de documentación administrativa e informes educativos tanto internos como externos, agás as comunicacións con organismos radicados fóra da comunidade autónoma.
2.4. Adquisición progresiva da lectura e escritura en galego.
2.5. Uso do galego en relación con contextos vivos que fagan sentir ao alumnado e entorno a utilidade da lingua galega. Asociar a lingua galega con actividades actuais e con consideración e prestixio social, de xeito que se perciba como algo máis que unha materia de estudo.
2.6.Encargarase de impartir a área de lingua castelá e literatura de 1º ciclo unha profesora ou profesor distinto do/a titor/a.
2.7. Apoio á compra e realización de materiais didácticos de uso habitual en galego.
2.8. Liberdade de elección do idioma na escolla de libros da biblioteca, para a lectura persoal.
2.9. A dirección do centro impulsará a reestruturación da biblioteca escolar, para que chegue a converterse nun axente dinamizador de primeiro orde na vida escolar, con conexión das familias e exalumnado.
2.10. Valoración, potenciación e recuperación do vocabulario e usos lingüísticos do entorno, así como das tradicións orais, etnográficas, musicais, literarias e lúdicas (xogos populares).
2.11. Impulsar a coordinación con outros centros de primaria e secundaria a nivel de Equipos de Normalización e Dinamización Educativa.
2.12. Facilitar desde a dirección do centro o labor do Equipo de Normalización e Dinamización Lingúística, como programador de actividades e impulsor e avaliador do Proxecto Lingüístico de Centro. Nel están representados os distintos ciclos, ademais do Director e Xefa de Estudos. Dotarase dunha partida económica do reparto orzamentario do centro.
3. CRITERIOS PARA DETERMINAR A LINGUA PREDOMINANTE DO CONTORNO.
Mapa sociolingüístico de Galicia. Datos estatísticos oficiais. Información achegada por pais e nais.Anualmente realízase unha entrevista persoal e individual ás nais e pais do alumnado de 3 anos que ingresa no centro. Entre as preguntas figuran dúas que se interesan polo uso do idioma nos fogares, unha referida á lingua habitual usada polas nais e pais outra sobre a lingua que empregan para comunicarse coa/co filla/o.
Por portentaxes, os datos son os seguintes:
| Usa normalmente o galego | Usa normalmente o castelán | Usa indistintamente galego e castelán | |
| PAI | 68'4% | 15'7% | 15'7% |
| NAI | 67'4% | 15'7% | 31'5% |
| TOTAL | 57'7% | 15'7% | 23'6% |
Os resultados coinciden coa porcentaxe de falantes de galego, como primeira lingua, recollidos no censo do ano 2001, entre 40%-60%.
| A comunicación co fillo/a é normalmente en galego | A comunicación co fillo/a é normalmente en castelán | comunicación co fillo/a é indistintamente en galego e castelán |
| 17'54% | 29'82% | 52'63% |
4. MEDIDAS ADOPTADAS PARA QUE O ALUMNADO CON INSUFICIENTE DOMINIO DAS LINGUAS POIDA SEGUIR CON APROVEITAMENTO AS ENSINANZAS QUE SE LLE IMPARTEN.
Para o curso escolar 2007/08 non está detectado alumnado con insuficiente dominio das linguas, excepto aqueles que teñen unha adaptación curricular individual. Nestes casos as accións educativas a desenvolver recóllense nas respectivas adaptacións curriculares.
5. ACTIVIDADES QUE SE VAN ORGANIZAR PARA A DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.
5.1. Publicación dunha revista escolar por curso que reflicte a realidade lingüística do centro e combine o uso do galego, castelán e inglés nunhas porcentaxes proporcionais coa distribución horaria de cada unha (galego 79%, castelán 14%, inglés 7%). Resérvase un espazo para colaboracións de pais e nais.
5.2. Galeguización dos escritorios e barras de tarefas dos ordenadores do centro.
5.3. Manexo de programas informáticos didácticos en galego.
5.4. Programación de actividades dirixidas á comunidade educativa e veciñas/os, por exemplo unhas xornadas sobre como contar e ler contos as/aos nenas/os.
5.5. Achegamento ao alumnado de personaxes populares, ou de recoñecido prestixio, galegofalantes: magos, músicos, escritores, ilustradores, deportistas… E tamén familiares, especialmente da terceira idade, en canto que atesouran unha importante bagaxe cultural, lingüística e experiencial, que poden compartir co alumnado e profesorado do centro.
5.6. Participación en actividades de exaltación da cultura galega promovidas por institucións e/ou asociacións (Correlingua, Millo corvo, Danza de Aldán, Danza do Hío, etc.) Colaborar coa ANPA e asociacións de baile e música tradicional da parroquia para apoiar ese tipo de actividades: cedendo as instalacións, animando á participación do alumnado, colaborando na organización de eventos.
5.7. Supervisión por parte do Equipo de Normalización e Dinamización Lingúística das producións escritas dirixidas a alumnado e familias para que se adecúen á normativa lingüística vixente. Asesoramento para a produción dos monitores das actividades extraescolares, ANPA e grupos de traballo de profesorado.
Dun xeito máis concreto o Equipo de Normalización e Dinamización Lingúística programará ao inicio de cada curso un repertorio de actividades de dinamización sociolingüística, tendo en conta a realidade e os recursos con que conta o centro.