Coincidindo coa celebración da festividade de San Andrés (patrón da parroquia) realizouse no CEIP do Hío un día de festa. Desde fai varios anos, por iniciativa da ANPA, adopta o formato de acto deportivo: "Olimpiada de San Andrés". Coa imprescindible colaboración de nais e pais organízanse competicións individuais e por equipos.
Individuais: carreiras de velocidade, cross, salto de altura, salto de lonxitude, lanzamento de peso, carreiras de sacos, tenis, etc.
Por equipos: baloncesto, fútbol e brilé.
Durante a pausa de media mañá as nais sorprenderon ao profesorado cunha potada de aromático café e doces caseiros.
Finalmente procedeuse coa ceremonia de entrega de medallas, como merecida recompensa ao esforzo realizado.
|
|
|
|
|
|
|
|
|








