A especialista de Educación Musical imparte unha sesión semanal a todos os grupos. Desenvólvese nas respectivas aulas ordinarias na etapa de Educación Infantil, mentras que o alumnado de primaria desprázase ata a aula de música, un amplo espazo convenientemente equipado.
Os festivais escolares: o de Nadal, Entroido, Día das Letras Galegas, Fín de Curso... son boas ocasións para amosar os progresos musicais: coros, frautas e outra instrumentación.

En novembro de 2007 saíu á venda o CD musical de Operación Can, onde se recolle unha canción composta pola profesora de música e interpretada polo alumnado que o ano pasado estaba no 1º ciclo: "Aaaaah reciclar". Foi seleccionada no concurso de Operación Can, que pretendía atopar as mellores cancións sobre a temática do medio ambiente, interpretadas por alumnado de primaria e/ou secundaria das escolas de Galicia. Todo un éxito.

Ao longo do curso o alumnado do Hío completa a súa formación musical asistindo a concertos didácticos de música tradicional e clásica.