Familias
Canles de información fluídos. Para que as familias poidan coñecer no momento en que o precisen a situación académica, valoración de conducta e calquera outra información que se considere oportuno solicitar ou ofrecer.
"Os fundamentos da educación ciméntanse no seo familiar, nas pautas de crianza: nos hábitos de comunicación, nos horarios, na hixiene, nas normas elementais de seguridade e nos límites de conducta mantidos con afecto e firmeza non exentos de flexibilidade, nun contexto de acordo entre pai e nai (e avós) sobre ditas pautas."
Concepción García Sánchez
Asesora Técnica da Consellería de eduacción e O.U.
O profesorado do Hío entendemos que é imprescindible unha coordinación entre escola e familia. Pódese encauzar a través das reunións de titoría, o asesoramento da orientadora (especialista en psicoloxía) e a participación na ANPA. A escola de nais-pais organizada polo Concello de Cangas tamén é outro punto de encontro onde reflexionar sobre a educación familiar.