Nun recuncho do cole imos preparar unha horta.
Utilizamos o abono orgánico feito por nós mesmos. Medrarán as plantas ata o ceo?
Como o abono de bokashi é moi ácido, debemos agardar quince días ata que, mesturado coa terra, perda a acidez. De non ser así atacará ás sementes e perderanse.
Imos utilizar papel tornasol para medir a acidez. Xa vos contaremos o que pasa.
Os primeiros en plantar foron as nenas e nenos de tres anos, transplantaron allos. Seguíronlles os de terceiro, que ademais están moi ilusionados porque lles naceron moitas leitugas non sementeiros. Xa casi temos a ensalada garantizada.
|
|
|


