A temática do Entroido foi "PERSONAXES DE CÓMICS". O alumnado de 2º ciclo homenaxeou aos Pitufos con motivo do 50 aniversario.
O mal tempo fixo modificar o plan previsto. Substituíuse o desfile ata o adro de San Andrés por actuacións no Salón de Actos, merenda en común de produtos típicos e festa no ximnasio do cole. Por primeira vez acompañáronnos un grupo de gaiteiros (familiares do alumnado) que fixeron as delicias de grandes e pequenos. Un día fabuloso!
Estamos especialmente agradecidos/as ao grupo de nais que colaborou preparando a merenda (e recollendo) e o salón de actos. Con persoas tan amables e traballadoras poderemos facer grandes cousas. Grazas.

O primeiro foi preparar os arcos florais, típicos do Entroido do Hío.    
Cada curso cantou a súa copla, magníficas actuaciones.