Empregando a técnica da compostaxe con Bokashi E.M. transformamos a materia orgánica en inorgánica en menos dun mes.

Fixemos unha práctica de elaboración de Bokashi, participou todo o cole e tamén nais e pais.  
Unha vez todo ben amasado gardamos o salvado empapado con microorganismos efectivos (E.M.) en bolsas plásticas negras, como son micoorganismos anaeróbicos non necesitan nin luz nin osíxeno. Despois de 15 días multiplícanse o suficiente como para actuar eficazmente sobre a materia orgánica e transformala en materia inorgánica.  
Xa podemos engadirlle o Bokashi E.M. aos restos orgánicos. Se queres coñecer o proceso consulta o apartado "PROXECTO EDUCATIVO. ACTIVIDADE GLOBAL. A compostaxe ".