GUÍA PARA AS FAMILIAS
CURSO 2007-08


FALTAS DE ASISTENCIA E PUNTUALIDADE

Como xa sabedes, a puntualidade na entrada ao colexio é unha norma de convivencia e urbanidade que debe coidarse desde os primeiros cursos.
Comunicade con antelación as faltas de asistencia ou que se vai ir buscar ao alumno/a antes da hora de saída. Tedes que entregalo/a ou recollelo/a na entrada do colexio. O conserxe ocuparase de acompañalo, buscalo ou dar calquer aviso a alumnado e profesorado. Non está permitido recoller ao alumnado directamente no patio, por exemplo durante o recreo.
Despois dunha falta enviade unha nota para informar que se trata dunha falta xustificada.

Tede en conta que as saídas escolares son consideradas a todos os efectos actividades educativas, todo o alumnado ten o deber de asistir, como se se tratara dunha actividade escolar ordinaria.



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

As normas de comportamento en vigor durante o horario lectivo, ben coñecidas por todo o alumnado do centro, son tamén de aplicación durante as actividades extraescolares. En caso de que algún alumno ou alumna manteña reiteradamente un comportamento inadecuado, que impida o desenvolvemento da actividade extraescolar, será informada a familia, en caso de persistir tomaranse as medidas oportunas.


LIBROS DE TEXTO

Programa de gratuidade dos libros de texto:
según a orde da Xunta de Galicia que regula este programa os libros (excepto os de 1º e 2º) terán unha vixencia de 4 anos. Non se pode escribir neles e deben ser tratados con coidado. En caso de deterioro, o alumno ou alumna que o estropee deberá comprar un novo, se non se compran non terá libros gratuitos no curso seguinte.

Exposición listado libros de texto para o curso 2008/09: primeira quincena de xuño 2007.



ACTIVIDADE GLOBAL PARA O CURSO 2007/08

Como continuación do traballo realizado o ano pasado todos os cursos uniremos as nosas forzas para seguir tratando o tema de: RECICLAXE E COMPOSTAXE. Pretendemos transmitir a nenos/as e familias os importantes valores relacionados con estas actividades, especialmente a protección do medio ambiente, e a asimilación de hábitos de comportamento respetuosos coa natureza.



CAMBIOS NOS DATOS

Comunicade os cambios de residencia e de números telefónicos.



COLABORACIÓN FAMILIA-ESCOLA

Ben sabedes que este é o voso colexio, dalgunhas familias xa pasastes polas aulas varias xeracións. Desde sempre traballamos por ofrecervos un bo servizo educativo. Seguiremos intentando transmitirvos a confianza de que as vosas fillas e fillos están en boas mans.
Animámosvos a participar na vida escolar...

Colaborando coa ANPA (ofrecendo ideas e/ou tempo, asistindo ás reunións).
Facéndovos socias/os da Biblioteca Escolar (libros, vídeos, DVD)
Consultando a páxina web.
Reuníndovos regularmente coas/cos respectivas/os titoras/es.
Colaborando na revista escolar.
Participando en reunións de carácter formativo organizadas polo profesorado e/ou ANPA.
Colaborando nas campañas de recollida de alimentos, roupa, etc. en beneficio de
colectivos necesitados.
Participando, con alumnado e profesorado, no logro dos obxectivos da actividade global
Aportando animais para o acuario, un préstamo temporal que logo devolvemos ao mar.
Durante este curso necesitaremos a colaboración-asesoramento de persoas expertas na
sembra (semilleiros) e plantación, tamén na poda e coidado de árbores froiteiras.