Durante este curso a Biblioteca Escolar centrará a súa actividade no xénero do CÓMIC.

Teremos que ampliar os fondos con libros relacionados co medio ambiente, agricultura, fontes de enerxía, etc. pois faremos moitas actividades relacionadas con eses temas.

Empezamos a reformala para que sexa un agradable lugar de lectura.     
     
Celebramos o Día das Bibliotecas abríndoa durante o tempo do recreo. Resultou moi ben. Ler en compañía é outro modo de diversión, pero en silencio, como debe ser nunha biblioteca.