FASES DA CONSTRUCCIÓN
O DESEÑO
- Deseñamos a nova charca aproveitando a experiencia acumulada tras a construción da anterior:
- Utilización da auga sen clorar dos antigos pozos do colexio.
- Instalación dun motor con programador horario para os períodos de seca.
- Deseño de tres estanques para diferenciar varios hábitats: zona de auga corrente, zona de auga estancada, zona pantanosa.
- Cascada para mellorar a osixenación da auga.
- Forrado con pedra natural con moitos ocos para crear cochos protexidos para os animais.
- Recercado de pedra para facilitar un acceso fácil á orela nas actividades de exploración.
- Colocación dunha ponte para mellorar os puntos de observación.
- Impermeabilización de toda a zona para evitar encharcamentos nos lugares de paso.
ESCAVACIÓN E CANALIZACIÓNS DE ENTRADA E SAÍDA
- Cunha escavadora fixéronse os tres vasos e instaláronse os desaugues coas correspondentes chaves de paso e dúas arquetas: unha para a captar a auga que rebosa dos pozos do colexio e outra para canalizar a saída hacia as cañerías de recollida de augas pluviais do barrio. Estendeuse un plástico para impermeabilizar os vasos e recubriuse todo cunha estrutura de cemento reforzada con malla metálica. Para finalizar, forráronse os estanques perimetralmente con pedra natural.
REPRODUCCIÓN DO ECOSISTEMA
- Buscamos o asesoramento de especialistas. Contactamos con varios biólogos que nos facilitaron información:
- A charca do cole vai ter unha conexión biolóxica co río do Lagar, que recolle as augas pluviais da zona do colexio, e coa lagoa de Vilariño que é onde desemboca. En caso de plantar especies vexetais e animais foráneas poderían trasladarse accidentalmente ao río e á lagoa, alterando o equilibrio biolóxico.
- Antes de incluír na charca especies animais debe afianzarse un manto vexetal e a poboación de invertebrados.
- A flora autóctona é de gran variedade e está perfectamente adaptada ao noso clima. A charca facilitará o coñecemento e valoración das especies vexetais que viven nos ríos e charcas naturais, especies que antigamente eran ben coñecidas pero que dun tempo a esta parte pasaron ao olvido.
- Por ter a charca unha vexetación semellante aos ríos da zona e á lagoa de Vilariño, produciranse migracións naturais de insectos voadores e aves.
- A natureza medra en aparente anarquía. Cada especie busca o lugar idóneo onde desenvolverse, unhas poden compartir o mesmo, outras son incompatibles. Trataremos de trasplantar cada especie a un lugar da charca o máis parecido posible ao lugar do que provén, e deixaremos que se desenvolvan libremente para que cheguen a crear un ecosistema vexetal equilibrado.
- A charca será un lugar de estudo pero evitaremos alterar o equilibrio e tranquilidade imprescindibles nun espazo natural. Delimitarase unha zona á que non se poderá acceder maís que con consentemento do profesorado. Instalarase un panel informativo para facilitar ao alumnado e visitantes a comprensión de canto sucede no noso pequeno ecosistema.
O MANTO VEXETAL
- Co asesoramento dun biólogo o alumnado recollerá especies vexetais autóctonas seguindo unha metodoloxía científica.
- Antes de coller unha planta debe observarse o entorno e procederase do seguinte xeito:
- ¬ Describir por escrito o lugar: soleado, de moita sombra…, lonxe da auga, perto da auga, asolagada, flotante…
- ¬ Asignarlle un número.
- ¬ Retirala con parte da terra onde está enraizada.
- ¬ Sacarlle unha foto.
- ¬ Embolsala indicando o seu número.
- Xunto co manto vexetal trasladaremos indirectamente a fauna invertebrada asociada. Serán a base sobre a que se edificará o noso ecosistema e que permitirá posteriormente que se establezan especies máis complexas.
A FAUNA
- Unha vez estabilizada a flora da charca procederase ao traslado de animais, maiormente anfibios. Serán variedades propias da zona. Antes de botalas na súa nova vivenda serán catalogadas e fotografadas.
- Nesta ocasión non haberá peixes de cores, as típicas carpas, dado que non son especies propias dos nosos ríos e lagoas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|















