A AXENDA

No primeiro ciclo empregamos a axenda como un xeito de expresión libre e espontánea por parte do alumnado. Desenvolver as capacidaes expresivas desde o inicio do proceso lecto-escritor. Unha maneira de conectar a vida dos nenos e nenas coa escola , e a escola coas familias, posto que se converte nun dos nosos medios de intercambio de información.

A axenda é o primeiro labor da nosa xornada

 

A ALIMENTACIÓN

A hora da merenda tamén unha actividade educativa.
Concienciar ás familias da importancia dunha boa alimentación e habituar aos rapaces á froita son dous obxectivos fundamentais, especialmente en educación infantil e primeiro ciclo. Por iso a merenda se realiza en espazos habilitados e controlados polo profesorado.

As froitas aportan a enerxía necesaria para a xornada escolar.

Os restos das comidas recóllense para fabricar compost coa técnica do Bokashi E.M., logo empregarase como abono da horta escolar.

     

A CLASE DE MÚSICA

A educación musical, como unha actividade educativa importante, impártese desde os 3 anos pola profesora especialista.

INFORMÁTICA

Tamén inicamos ao alumnado no manexo das ferramentas informáticas desde os 4 anos.

AULAS

 
 
Haga clic aquí para obtener acceso a la Galería.