Articles

Extraescolares - Sub Categories

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

BENXAMÍN MIXTO : Depordima Friavanso Vs. Escuelas Deportivas Concello Barbadás : 53-2

Gran
comezo neste primeiro partido para os peques do clube.

Os benxamíns
sairon con moitas ganas a estrear a tempada cunha victoria, despegándose
na puntuación dende moi pronto e pechándo o marcador no 4º cuarto cun
resultado de 53-02.

Sen dúbida, levámonos deste partido moi boas
sensacións inicias, pois puidemos ver a un grupo moi unido, cun xogo moi
solidario no que todos participaban e, sobre todo e máis importante, un
grupo de rapaces e rapazas con moito marxe para mellorar e seguir
crecendo.

Noraboa a todos e todas!!!!

ALEVÍN MASCULINO : ASerigrafía Alfer Depordima - Carmelitas : 50-38

Os nosos alevís xogaron un partido moi completo este
sabado frente a carmelitas , un rival moi fisico e con moita mais altura cos
nosos rapaces , pero a nivel de carácter,entrega e loita creo que poucos equipos nos gañen.

Deixárono todo sobre a pista,a nivel de xogo quedan moitas cousas por mellorar e pulir pero deixaron moitas cousas
positivas,  coma xogo en equipo, rapidos contraataques,movilidade de balón,tiros
liberados a partir de boas eleccións de penetracións e pase...

En canto a unha relacion de cuartos , no partido o que
queda claro é que non se pode sestear nin un minuto , hai que estar centrado desde o primeiro segundo do primeiro cuarto ata o último
segundo do 6 cuarto . Saímos moi ben como queda demostrado no parcial do 1
cuarto (15-1)con roubos e moitos contraataques e unha moi boa defensa . O segundo
cuarto foi igualado (13-13)3 y 4 cuarto foron moi igualados ,  con decisións moi
alocadas e unha selección de tiro bastante mala asi é que os tanteos dos 2
equipos foi moi parello 3 cuarto (3-4) y 4 cuarto (5-6). O 5 foi consecuencia de
estos 2 , pero un pouco peor en ataque , moitas
canastas erradas en entradas ,  que fixeron que estivera mas apretado o partido,
parcial 5 cuarto (4-11). Pero un último arreón no derradeiro cuarto fixo que nos levásemos o partido .Parcial neste cuarto : 10-3

Tan só decir que queda moito camiño pero o primeiro paso xa está
dado e estos nenos van a ir a mais , son moi grandes e o mais importante encántalle o baloncesto , vese nas súas caras en cada entreno.

A seguir pekes !!!!!

2ª DIVISIÓN  INFANTIL MASCULINA : BE ONE Depordima 39 - 58 Bosco Salesianos

O partido disputado este fin de semana non mostra realmente
o que foi o marcador. 

Un partido moi traballado por parte dos nosos aos que só
lles faltou acerto de cara á canasta. Comezamos un pouco durmidos pero xogando
moito mellor co fin de semana anterior, pero os erros nos tiros relegáronnos 
unha diferencia de 21 ao descanso.

Pero na segunda parte, o noso acerto
igualouse ao deles. Mostra disto foi a vitoria en ambos cuartos do segundo
período.

Aínda así, temos que seguir mellorando e xa agardamos con ganas ao COB
para voltar á senda do triunfo.

 

INFORME CLUB DEPORDIMA OURENSE : PARTIDO 1ª DIV. GALEGA : CÍA DE MARÍA- D. MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO : 63-22

El pasado día
13 de Noviembre de 2016 el equipo pre-infantil de nuestro Club, DIVINO
MAESTRO CALEFACIONES TIAGO, disputo el encuentro correspondiente a la
jornada 7 de la Liga PIZZA MOVIL PRE-INFANTIL FEMENINA contra el equipo
de COMPAÑÍA DE MARIA de Vigo en el pabellón de este club. Una vez
finalizado el encuentro, la jugadora de nuestro equipo Lucía Cid, en
calidad de capitana del equipo, firmó el acta bajo protesta,
circunstancia está que ya habíamos advertido al árbitro del encuentro
antes del inicio del mismo, por los siguientes motivos:

 

1º.-
El partido se disputó con un solo árbitro en pista y con un único
oficial de mesa que realizaba las funciones de anotador, cronometrador y
(como pudo ) las de operador de 24".

 

2º.- Dado que
solamente había un oficial de mesa, y a pesar de su buena voluntad y
cooperación, la cuenta de 24 segundos no se llevo de forma visible a
pesar de disponer el pabellón de los pertinentes aparatos de 24".

 

 

Entendemos
que para el desarrollo adecuado de la competición que nos ocupa, es
necesario que la Federación Gallega de Baloncesto ponga todos los medios
para que los encuentros se disputen con la presencia de dos árbitros y
como mínimo dos oficiales de mesa que puedan realizar todas la funciones
y velar por el correcto desarrollo del encuentro.

 

Les
informamos que en el encuentro en cuestión dos de nuestras jugadoras,
Mara Míguez y la propia capitana firmante, resultaron lesionadas en su
dedo meñique izquierdo y en la espalda por el excesivo contacto físico
permitido en la pista. No queremos con esto enjuiciar la labor del
equipo arbitral, que dadas las circunstancias antes expuestas, hizo su
trabajo lo mejor que pudo y supo, puesto que un único colegiado no puede
controlar todas las zonas del campo de juego y máxime aún si se trata
de un colegiado novel ( indicamos lo de novel dado que carecía de la
equipación oficial del Comité Gallego de Árbitros ), que en ningún caso
debería ser designado sólo a un encuentro de estas características.

 

Entendemos
que las designaciones arbitrales para los encuentros de la liga que
disputamos no pueden estar condicionadas y variar los criterios para las
mismas en función de la Delegación Zonal donde se dispute el encuentro o
incluso del fin de semana en el que se dispute el encuentro.

 

Somos
un Club modesto que pretendemos dar a nuestras jugadoras la experiencia
competitiva más ALTA que esté en nuestras posibilidades, para ello
realizamos en colaboración con sus padres un esfuerzo titánico para
cumplir con todos los requisitos

burocráticos y costes a modo de
Licencias, seguros, Arbitrajes, etc que la Federación Gallega de
Baloncesto nos impone por competir en una liga que según recoge sus
propias bases de competición es 1ª División Autonómica y sus arbitrajes
serán autonómicos.

 

Entendemos que, al igual que nuestro
modesto CLUB realiza los sacrificios que suponen cumplir con las
múltiples exigencias que la Federación Gallega de Baloncesto nos impone
por participar en una liga de 1ª División, la propia Federación Gallega
de Baloncesto debe prestar un servicio a esta competición acorde a las
exigencias que impone.

 

Por ello, solicitamos se den las
instrucciones pertinentes a su Comité de Árbitros para que realice las
designaciones de los encuentros de nuestro equipo acordes y en
consonancia con las exigencias de la Liga que disputamos.

Atentamente

Club Depordima Ourense

1ª DIV GALEGA INF FEM : PBB PORRIÑO - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 40-38

Que magoa !!! Tivemos a primeira victoria nas nosas mans , pero os nervios finais xogáronos unha mala pasada.

O equipo comezou moi ben o partido, anotando con facilidade e defendendo a un nivel bastante bo. Todo o partido foi moi igualado , e as ventaxas de un e outro equipo nunca superaron os 6 puntos.

A alternancia de defensas provocou moitas perdas de balón nas locais, que o aproveitamos para conseguir canastas sinxelas ó contraataque.

Ao final non puido ser , e as locais impuxéronse por dous puntos .

Pero pese a derrota hai moitas cousas positivas neste choque, unha boa saída , dominio do rebote , acerto nos tiros libres ... e tamén houbo cousas a mellorar , circulación do balón , falta de seguridade á hora de facer as cousas.

MOITO ÁNIMO GUERREIRAS , cada día competimos mellor e as victorias chegarán.

 

 

 

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

TERCEIRA XORNADA 2ª DIV. INFANTIL MASCULINA : SANTA MARÍA 85 - 44 BE ONE DEPORDIMA

Partido horrible o disputado no campo dos
Maristas este pasado fin de semana.

Os nosos comezaron erráticos xa desde o
primeiro momento. Aínda así, xogando mal, chegouse ao descanso só un punto
abaixo (29-28). A partires do terceiro cuarto, foi un non parar de puntos do
equipo local. Para mostra, o parcial de 56-16 do segundo tempo.

Agora só queda
pensar no seguinte partido contra o Bosco e intentar remendar o feito.

SEXTA XORNADA 1ª DIV. PREINFANTIL FEMININA : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO - SEIS DO NADAL : 29-64

Esta fin de semana as nosas
Bombillas tiveron unha nova experiencia competitiva que lles permitíu
por en práctica todos os conceptos e habilidades practicados durante os
entrenos da semana.

Esta nova experiencia competitiva contra o segundo clasificado da nosa
liga supón unha enorme satisfacción por a mellora e progreso demostrado
polas nosas xogadoras en aqueles aspectos que traballamos dende fai
tempo nos entrenos e encontros disputados.

O resultado foi moi positivo, non tendo en conta o electrónico, polo
traballo desenrolado polas nosas bombillas. Pasiño a pasiño acadaremos a
mellora persoal e colectiva que nos leve a acadar a victoria.

Vamos equipo!!!!

SEXTA XORNADA 1ª DIV. INFANTIL FEMININA ; DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS - SEIS DO NADAL : 43-61

Cada xornada subimos un peldaño máis da nosa particular escaleira e competimos mellor nesta liga , pero polo de agora a primeira victoria se nos está a resistir.

Neste encontro , a diferenza dos anteriores, comezámolo moi ben, moi metidos , con unha defensa moi intensa e anotando con facilidade ,  así aos 5 min o marcador reflexaba un 12-4 esperanzador. Pero o forte golpe recibido na espalda por Claudia fixo que se tivera que parar o partido e sentar no banquillo , e isto parece que nos cortou o ritmo e pasamos a un 16-17 ó final do primeiro cuarto.

A partir de ahí o equipo rival comezou a xogar mellor e nos, a ter problemas para anotar. Así chegamos ó descanso 9 puntos abaixo, pero ca sensación de que o partido podiámolo gañar, xa que despois de facer un mal período, a dierenza non era moi grande.

Despois do descanso non fumos capaces de recuperar a frescura anotadora do primeiro cuarto e a vantaxe disparouse ós 18 punos , pero a loita e a garra das nosas guerreiras, que nunca se renden, fixo que a falta de 6 minutos nos puxéramos a 10 puntos, pero ese esforzo pagámolo e o final a remontada non se culminou.

A vindeira semàn xogamos ante outro rival directo, Porriño, esperamos facer un bo partido e competir como o vimos facendo nos derradeiros partidos.

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Co parón desta fin de semana nas ligas galegas, e como aínda non comezou a liga dos nosos equipos de minibásquet, o único equipo do clube que tiña partido foi o infantil masculino.

Be One Depordima 68 - 17 Viña do Campo 

    Partido disputado o venres para poder
aproveitar as minivacacións. 

    O partido discurriu sen problemas dende o primeiro
minuto. O guión foi moi parecido ao partido amigable xogado unhas datas antes e ao
primeiro partido de liga.

    Puidemos aproveitalo para practicar cousas de cara a
partidos máis difíciles, coma por exemplo, o partido desta vindeira xornada
contra Santa María, no que precisaremos dun bo xogo e unha boa actitude para
poder competir.

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS NAS LIGAS GALEGAS E PRIMEIRA XORNADA PARA OS INFANTIL MASCULINO

1ª XORNADA 2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINO : XUVENTUDE VERÍN - BE ONE DEPPORDIMA : 13-63

O partido desenvolveuse dunha maneira moi sinxela para o
equipo visitante.

No primeiro cuarto, o noso equipo realizou unha presión a
toda pista que tivo que ser retirada a partires do segundo período pola
diferencia existente entre os dous equipos, reflectida no luminoso (4 -20).

No
segundo cuarto, comezouse algo relaxados perdendo un parcial por 6-4 nos
primeiros 5 minutos. A segunda metade volveu comezar con forza ata que faltando
5 minutos para rematar o partido, o marcador conxelouse.

Bo partido para seguir
afianzando detalles e darlles minutos de xogo aos rapaces que están comezando.
A seguinte xornada adiantarase ao venres ás 16:30 ante o Viña do Campo, rival
co que xa competimos nun amigable antes de comezar a liga regular.

5ª XORNADA 1ª DIVISIÓN PREINFANTIL FEMININA : CARMELITAS - DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO : 62-28

Unha nova xornada, unha nova oportunidade para seguir competindo cos mellores e intentar progresar individual e colectivamente.

Este pasado domingo as 12 da mañá disputamos o noso cuarto partido de liga contra un potente equipo de Carmelitas. O resultado non sendo positivo en canto a o electrónico, si resultou moi positivo en canto a outros aspectos como a mellora mostrada con respecto a o último encontro disputado na nosa casa. Conseguimos ser consistentes en defensa, traballando a defensa individual durante unha boa parte do encontro contra xogadoras físicamente moi superiores. Ademáis en ataque fomos moi atrevidas, resultando en algún momento incluso descaradas a hora de penetrar a canasta ou realizar tiros librados.

Non queda outra que seguir traballando e confiando en que este esforzó e traballo nos levará a acadar a ansiada victoria.

Vamos Equipo!!!

5ª XORNADA 1ª DIVISIÓN INFANTIL FEMININA : CARMELITAS - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 56-38

Se nesta liga comezas perdendo 19-2 , ós 7 minutos de partido, o normal é que perdas o encontro. e iso foi o que nos pasou o domingo pola tarde.

A partir dese momento, o equipo soltouse , comezou a xogar e foi capaz de meterse no partido , por dúas veces colocámonos a oito puntos , pero os erros nos tiros libres e unha serie de contraataques errados en superioridade, moitas delas en 1x0, non nos permitiu dar a volta o marcador, e no último cuarto xa mermados físicamente polo esforzo das remontadas e con poucas xogadoras por mor das lesións, o equipo local escapouse de novo no marcador.

Se nos esquecemos dos sete primeiros minutos , o resto do partido reflictiría un resultado de 37-36, polo que temos que analizar o ocorrido e poñerse solución , para que non nos volva a suceder o mesmo. 

O equipo cada xornada vai a mais, esperemos que nas vindeiras semáns, poidamos darnos unha alería en forma de victoria.

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS NAS LIGAS GALEGAS

4ª XORNADA LIGA GALEGA PREINFANTIL FEMININA : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO - ARXIL :  39-62

A Perserverancia e o esforzo diario é o único segredo para conseguir o éxito e os nosos obxetivos.

Competir nunha liga tan esixente como a nosa con equipos de primeirísimo nivel autonómico esixiranos toda a tempada dar o 110% do que levamos dentro para poder ir mellorando día a día e intentar acadar algunha victoria. Este fin de semana visitounos o Arxil de Pontevedra e o igual que todos os nosos antriores rivais, o nivel do equipo tanto técnico como físico era moi alto. Estivemos competindo todo o encontro e desmastrando na pista as mellaras do traballo diario, ainda así non resultou suficiente para acadar un dos nosos obxetivos a victoria. Ainda así, si acabamos outros obxetivos tan importantes grupalmente como a propia victoria.

Vamos Equipo !!!

 5ª XORNADA LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA : DIVINO MAESRO OURENSE RÓTULOS - BOSCO SALESIANOS : 64-94

Foi o partido mais completo que xogamos esta tempada con moita diferenza.

Enfrente tiñamos un conxunto moi difícil, que conta con grandes individualidades e que aínda non coñecía a derrota.

O partido comezou cun ritmo moi alto de xogo e cos dous equipos anotando con moita facilidade , chegando ó final do primeiro cuarto cun tanteo de 20-22. No segundo período pouco a pouco o equipo visitante foi collendo unha vantaxe no marcador superior os vinte puntos antes do descanso, pero unha reacción das nosas xogadoras nos dous últimos minutos deixou a desventaxa en 17 puntos.

Tras o descanso , os cambios defensivos que fixemos, provocaron dúbidas nas visitantes, feito que aproveitamos para acercarnos no marcador cun gran xogo colectivo, a 7 puntos 50-57.

No derradeiro cuarto, a eliminación dalgunha xogadora importante unida ó baixón físico , provocou un parcial a favor do Bosco de 14-35 que deixou ó final do partido unha diferenza demasiado grande polos méritos feitos polos dous equipos.

Moi boas sensacións as que nos deixa este partido, e que nos da moito ánimo e forzas para afrontar os seguintes partidos. 

 

 

 

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS NAS LIGAS GALEGAS

 PREINFANTIL FEMININO : CELTA - DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO : 69-19

¡¡ O OPTIMISMO ACHEGANOS AO PODER; MENTRES QUE O
PESIMISMO LEVANOS A DEBILIDADE !!‏

Con esta
máxima na súa cabeza levantáronse as cosas Bombillas o domingo de madrugada
para emprender viaxe a Vigo. Un difícil encontró ante un moi potente e bo rival
, nos esperaba na pista central das Travesas.

O Celta de Vigo con un plantel
tremendamente equilibrado ía ser o noso rival. Pero a pesar de todas as
adversidades en forma de lesión da nosa xogadora Mara, o atropello por un coche
da outra compañeira Noa, así como a enfermidade de Paula Alvarado, non impediron
que as Oito Bombillas que foron disputar o encontro o fixesen a 30.000 voltios,
con una actitude de loitadoras ante as adversidades.

O resultado,
sendo desfavorable, foi o menos importante. O máis importante foi acadar
aqueles pequenos obxetivos que nos fomos marcando ao longo do encontro e case
acadar que non nos cerrasen o marcador.

Con esta
actitude en futuros encontros, seguro levaremos algunha alegría.

Vamos
Equipo!!!!

 

INFANTIL FEMININO : CELTA - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 61-11

Difícil comezo de liga para o noso equipo infantil feminino xa que nas primeiras xornadas enfrontámonos os riváis mais complicado. Esta fin de semana viaxamos a Vigo para xogar contra o Celta, posiblemente o rival mais duro da categoría.

Comezamos moi enchufadas o partido e parando ben o equipo local , nos primeiros 5 min , só anotaran dúas canastas, pero a partir de ahí impúxose a lóxica e pouco a pouco as diferenzas ían medrando ata que nos pecharon o marcador no último minuto do terceiro cuarto.

Curiosamente despois do peche do marcador, recuperamos a nosa mellor versión e nesos 12 minutos finais o resultado foi de 13-12 para as celestes. 

Un partido mais que nos serve para seguir collendo ritmo e para probar cousas de cara os vindeiros partidos nos cales o equipo ten que empezar a subir o seu rendemento para ser capaces de competir cos rivais que aínda non xogamos.

 

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

1ª XORNADA 1ª DIVISIÓN LIGA GALEGA PREINFANTIL FEMININA : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO - C.B. ALLARIZ : 33-68

O pasado 16 de agosto as nosas bombillas empezaron a desempañarse e sacarlle brilo ó seu cristal , para unha tempada mais , intentar brilar e iluminar os pavillóns que pisen.

Tras unha dura e intensa pretempada , o pasado día 24 de setembro empezaron a súa participación na Liga Galega Preinfantil Feminina , categoría de recente creación na que participan os 16 clubes mais importantes de Galicia.O primeiro partido disputárono contra un dos mellores equipos da categoría , o C.B. Allariz. A pesar do gran esforzo e do bo partido levado a cabo polas pupilas , non foi suficiente para acadar a victoria no mesmo. Pero sí nos valeu para comprobar que con moito traballo diario e duro adestramento conseguiremos competir cos mellores equipos da categoría en toda Galicia e iso permitiranos progresar e mellorar individual e colectivamente.

Este traballo diario e esforzo é o único segredo para que un ano mais unha das nosas bombillas forme parte da selección Ourensá de minibásquet que disputou a pasada fin de semana nun torneo de seleccións en Santiago de Compostela.

VAMOS EQUIPO!!!!!

2ª XORNADA 1ª DIVISIÓN LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA : DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS -C.B. ALLARIZ : 32-66

Despois das boas sensacións do primeiro encontro, tiñamos a esperanza de poder competir cun duro rival , o C.B. Allariz, pero un mal día en todos os aspectos do xogo provocou que non puidésemos competir case en ningún momento do partido.

Espesas en ataque, con mala selección de tiro, pouco intensas en defensa, permitindo moitas canastas fáciles ao rival e cando non era canasta, ata segundas e terceiras opcións ... provocaron que as nosas guerreiras fixeran un dos peores partidos que se lle recordan.

Temos a sorte de que estamos nunha liga moi moi longa , 28 partidos, e que temos moito tempo para correxir erros e o mais importante , temos moito marxe de mellora, e un grupo de rapazas cheo de ilusión e gañas de revertir a situación e demostrar que podemos competir con moitos equipos desta liga.

MOITO ÁNIMO GUERREIRAS !!!!!!

A próxima xornada os dous equipos femininos desplazaranse ata vigo para xogar contra o Celta , a priori , principal candidato para quedar campeón nas dúas categorías.  

 

 

ENTREGA CAMBRIDGE CERTIFICATES

O Xoves, 29 de Setembro entréganse os Certificados de Cambridge aos alumnos que se presentaron as probas no mes de Xuño
Ás 13:35 horas no Salón de Actos do Colexio

INICIO DAS COMPETICIÓNS PARA OS NOSOS EQUIPOS

Esta pasada fin de semana comezou a competición para o noso equipo infantil feminino, Divino Maestro Ourense Rótulos. O noso equipo esta tempada disputa a 1ª División infantil cos 16 mellores equipos da nosa comunidade.

O primeiro encontro xogámolo fora da casa na difícil pista de Marcote, contra o equipo do Colegio Mariano, un duro rival, que ten unha moi boa xeración de xogadoras.

Acudiamos ó partido con numerosas baixas e un pouco espectantes por saber o nivel do equipo nesta competición descoñecida para nos. 

Non empezou demasiado ben o partido, algo nerviosas e frías, feitos que aproveitaron as locais para facer un parcial de inicio de 12-0, grazas a sús asfixiante presión. Pero despois dun tempo morto conseguimos axustar a nosa saída de presión e xogar con mais calma en ataque e rematar así o cuarto cun parcial de 21-9. O inicio do segundo cuarto voltou a ser nefasto para os nosos intereses, e un novo parcial de saída de 10-0, deixaba sentenciado o partido. 

A partir de ahí o equipo comezou a soltarse , a facer as cousas como sabe, e demostrou que con todo o equipo en condicións, vai a dar moita guerra.

As sensacións pese a abultada derrota, foron moi positivas, xogouse a un ritmo moi alto e fisicamente as nosas guerreiras aguantárono perfectamente.

A próxima xornada debutamos na nosa pista cun equipo coñecido, Allariz, e estamos convencidos de que vai a ser un partido vibrante.

 

INICIO DA TEMPADA 2016-17

Xa está aquí a nova tempada de baloncesto !!!!!!

O Clube Depordima ven cheo de novidades para esta tempada 2016-17.

Por primeira vez, os mais cativos, é dicir , os alumnos de Educación Infantil (3 a 6 anos) poderán comezar a practicar este maravilloso deporte, na actividade chamada BABY BASKET, impartida na súa totalidade en inglés.

Os dous equipos infantís femininos acadaron plaza en 1ª División, polo tanto, disputarán Liga Galega durante toda a tempada nas súas respectivas ligas, as rapazas de 1º da ESO a LIGA GALEGA PREINFANTIL e as rapazas de 2º da ESO a LIGA GALEGA INFANTIL, todo un éxito para o noso clube.

Estes dous equipos xa comezaron a pretempada o 16 de agosto. 

O equipo infantil masculino, despois de realizar un grandísimo final de tempada, espera este ano competir na súa liga o mais alto nivel. Comezará a adestrar o día 5 luns co horario que aparece nas follas de inscripción da actividade.

Tanto os equipos alevíns e benxamíns, coma o grupo de Baby BaSket, comezarán os adestamentos a semana do luns 12 de setembro,tamén co horario que se indica nas follas de inscripción.

Estade atentos a esta páxina , xa que nos vindeiros días haberá mais sorpresas e informacións. 

Tamén nos podedes seguir nas redes sociais, Facebook e Twitter.