Queridos amigos:
Comunicámosvos, que con motivo do “Día das Candeas”,o vindeiro luns 2 de febreiro ás 10: 15 h, teremos cos nenos de Educación Infantil, unha oración na Parroquia do Rosario, na que vos convidamos a presentalos ao Señor, como o fixeron María e Xosé co Neno Xesús no Templo de Xerusalén.
Podedes levar directamente aos vosos fillos á Igrexa. Cada neno/a pode traer unha flor, como símbolo de vida. Neste encontro, as familias acompañarán aos seus fillos na entrega do símbolo, no altar. Contamos coa vosa presenza e a dos irmáns máis pequenos.
Esta invitación tamén se fai extensible ás persoas que coñezades e que teñan nenos pequenos.
Un
saúdo.
AS
TITORAS
O venres, 24 de outubro, os nenos de 5º e 6º de EP realizaron un obradpoiro de cociña. Imos ver o ben que o pasaron...












Os alumnos de 1º e 2º da ESO tiveron un día de convivencia xunto a tres dos seus profesores no Priorato de Lóuzara.
Desfrutaron moito da xornada e aprenderon cousas novas tanto deles mesmos como do resto dos compañeiros.
Podedes ver como o pasaron premendo aquí.
EUCARISTÍA
DE SANTA Mª EUGENIA
O pasado 10 de marzo, celebramos no noso colexio a festividade de
Santa Mª Eugenia, fundadora da Asunción.
Neste ano conmemórase tamén a chegada da
Asunción a España, fai 150 anos, coa fundación do Colexio de Málaga.
No noso centro, comezouse a xornada cunha Eucaristía
na Igrexa do Rosario e na que participaron todos os alumnos, relixiosas,
profesores e persoal do centro e contamos ademais coa asistencia de familiares
dos alumnos e amigos da Asunción.
Amosamos as fotos desta celebración !




EUCARISTÍA DE SANTA Mª EUGENIA
O pasado 10 de marzo, celebramos no noso colexio a festividade de Santa Mª Eugenia, fundadora da Asunción.
Neste ano conmemórase tamén a chegada da Asunción a España, fai 150 anos, coa fundación do Colexio de Málaga.
No noso centro, comezouse a xornada cunha Eucaristía na Igrexa do Rosario e na que participaron todos os alumnos, relixiosas, profesores e persoal do centro e contamos ademais coa asistencia de familiares dos alumnos e amigos da Asunción.
Amosamos as fotos desta celebración !



Que é Asuntillos ?
Este curso 2012-2013 iniciamos ASUNTILLOS gracias á colaboración de moitos mestres do centro e relixiosas.
O noso o obxetivo é crear un espacio, dentro da pastoral da Asunción, onde nenos e rapaces do colexio podan aprender e gozar do ocio e o tempo libre dun xeito san e divertido.
Está destinada a alumnos de 3º e 4º EP, dirixidos por monitores de 3º e 4º de ESO, antigos alumnos do colexio, e profesores responsables da actividade.
Entre as actividades que se levan a cabo, destacamos as segiuntes: obradoiros de cociña, obradoiros de teatro, música e canto, identificación das plantas, rota en bicicleta, sendeirismo, obradoiro de barro,...
Aquí tedes o calendario de actividades.
Tamén, en breve, deixaremos a vosa disposición as diferentes actividades e obradoiros que xa se levaron a cabo, asi como fotos que demostran a ledicia e satisfacción dos nenos e nenas.
OBRADOIRO DE COCIÑA
Venres, 13 de novembro de 2012
Era o comezo de ASUNTILLOS! Todos estabamos emocionados e preguntabámonos, como iría todo.
Os monitores prepararon os grupos para comezar a actividade. Con eles, farían mantelos e gorros para o obradoiro de cociña. Tamén lles comentaron unhas normas moi propias da cociña. E con todo isto, marcharon todos á cociña. Como tiñamos a catro “Súpercociñeiras” cada grupo foise cunha delas. Aprenderon a preparar diversos platos que despois probarían e así terminariamos o obradoiro de cociña. Antes, entregóuselles a cada un un diploma de “Bo cociñeiro”. Tamén se lles deron as receitas do que prepararan na cociña. E todos marcharon felices co seu mantelo, gorro, as receitas e co seu diploma.



OBRADOIRO DE TEATRO
Venres, 14 de decembro de 2012
Co entusiasmo do primeiro obradoiro, os rapaces chegaron dispostos a pasalo ben e a facer teatro. Os monitores, xunto coas mestras, prepararan a actividade: tres obras de teatro e así terían que distribuír aos participantes. Ubicáronse en tres espazos e en cada un dos grupos repartíronse os papeis da obra, e tamén prepararon os decorados, pois acordouse que se ían representar cada unha das obras e convidar para asistir a velas. E así foi. Os rapaces fixérono estupendamente e tiveron o seu diploma en “Artes escénicas”. Os pais marcharon encantados e riron moito na representación.



OBRADOIRO DE MÚSICA
Sábado, 23 de febreiro de 2013
E este sábado, tiñamos Música. Os alumnos/as chegaron coas frautas. E, ao son da música, tocaron, bailaron e cantaron. Todos entusiasmados polo que lograran harmonizar. Os monitores participaron, como sempre, axudando aos mestres e dirixindo aos grupos á hora do baile. E como non... !!! O diploma en música non podía faltar. Cada vez que teñen un diploma, os cativos marchan felices. E ata o próximo Asuntillo!


OBRADOIRO DE MANUALIDADES
Vernres, 15 de marzo de 2013
O tempo non nos axudou a preparar a actividade que tiñamos prevista: unha saída ao campo para identificar plantas e flores. Converteuse nun “obradoiro sorpresa", un obradoiro de manualidades. Prepararon as mestras e os monitores o material; con fieltro cortáronse algúns modelos de flores, follas, etc. Con todo ese material, podían facerse colares, pulseiras,... e os nenos, ao rematar, ofrecíanllos ás súas nais. Un bonito agasallo! Foi outro tipo de obradoiro que gustou e do cal marcharon encantados.


OBRADOIRO DE BARRO
Vernres, 12 de abril de 2013
Tivemos que axustar os obradoiros e o obradorio resultou xenial: un obradoiro para modelar barro. Os monitores, cos mestres, prepararon o material: uns mantelos para non mancharse, xornais para cubrir as mesas, e uns baldes de auga. Os rapaces estaban case ao completo (de 31 que forman o grupo estaban 29). Foi un éxito total. A creatividade, a posibilidade de manipular barro,... resultoulles moi agradable. Estes nenos e nenas de 3º e 4º de EP son incríbles! . Foron expostos todos os traballos realizados por eles e cada un puxo un nome aos seus modelados. De novo, a imaxinación que teñen déixanos abraiados.
AQUÍ TENDES OS GAÑADORES DO CONCURSO
"AXENDA ESCOLAR ASUNCIÓN 2013- 2014"

Noraboa a...
Sergio
Diaz (4º EP)
e
Andrea
Rodríguez (2ºESO)
Como ben sabedes, entre todos os alumn@s de ESO e Bacharelato dos colexios da Asunción, realizamos debuxos para participar no Concurso da portada e contraportada da nosa "Axenda Escolar 2013- 2014".
Aquí tedes os finalistas do noso colexio e os seus traballos.
CONCURSO
"AXENDA ESCOLAR ASUNCIÓN 2013- 2014"
Aquí tedes unha mostra dos debuxos e minirrelatos preseleccionados para o concurso "Axenda Escolar Asunción 2013- 2014".
Como todos os anos, o vindeiro venres, 1 de febreiro, imos celebrar a "BENDICION DOS NENOS/AS" na Parroquia do Rosario ás 10 da mañá. Podedes ir cos vosos fillos directamente á Igrexa. Cada neno/a poderá traer unha flor, como símbolo de vida. Neste encontro, as familias acompañarán aos seus fillos na entrega do símbolo, no altar. Contamos coa vosa presenza e a dos irmáns máis pequenos. Esta invitación tamén se fai extensible ás persoas que coñezades e que teñan nenos pequenos.
Se queredes ter máis información acerca das Candeas, premede na imaxe
Aquí tedes fotos do día das Candeas
Aquí tedes o video da canción para que poidades ensaiar na casa