
O pasado venres 26 de abril, os alumnos da ESO asistiron a unha charla enmarcada dentro do proxecto Exper-i-ciencia 2013.
Exper-i-ciencia é unha actividade de divulgación consolidada e dirixida ao público escolar, dende Infantil ata Bacharelato, de centros de ensinanza das catro provincias galegas. Esta iniciativa pona en marcha o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través da súa Delegación Institucional en Galicia, en coa colaboración dos seus centros na comunidade galega e a colaboración da Fundación Barrié.
Exper-i-Ciencia articulase en torno a encontros científicos, gratuítos, entre o persoal científico e técnico de diversas institucións.

Ao noso centro acudiron dous científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. As investigacións levadas a cabo neste centro abarcan tódalas areas das ciencias mariñas, dende a oceanografía á bioloxía molecular, á acuicultura ou á bioquímica dos alimentos.
A charla que impartiron para os alumnos da ESO referíase a este último tema, "A bioquímica dos alimentos". Faláronlles entre outros aspectos da composición dos alimentos comparándoa coa composición do noso corpo, da influenza da auga nos procesos alimentarios, dalgúns procesos de fermentación de alimentos, ademais de explicarlles diversas curiosidades sobre as propiedades dos mesmos, como por exemplo porque aínda que a clara de ovo está composta fundamentalmente por auga, esta non flota ao mesturala co aceite nunha maionesa.

Os alumnos estiveron moi atentos durante a charla e participaron activamente na mesma.
O día 17 de abril de 2013, entregáronse no noso centro os premios do " V Certame de fotografía dixital e curtametraxes, Día Internacional da Muller".

O primeiro premio foi para a alumna, Antía Sánchez Magdalena, de 2º curso da ESO do Colexio da Asunción e o seu traballo consistiu na realización dunha curtametraxe sobre o tema.

CONCURSO ESCOLAR ONCE
Tres alumnas de 4º de ESO foron as gañadoras da fase provincial do Concurso Escolar da ONCE 2013 co seu traballo feito con plastilina e animado por ordenador. A seguinte fase á que concorren é a fase autonómica que se resolverá a finais de abril.
As gañadoras son: Noelia Benito Fernández, Alba Fernández Díaz, Tania Rodríguez López.
NORABOA!!!!
Foto extraída do diario El Progreso
Premendo aquí podedes acceder á nova publicada no diario El Progreso.
Os alumnos da ESO conmemoraron o Día da Árbore coa súa asistencia a unha charla no centro sobre a campaña "O monte é a nosa vida". Dous técnicos de Confemadera Hábitat Galicia expuxeron aos alumnos, nunha charla divulgativa, a importancia da conservación dos nosos bosques polo valor medioambiental, social e económico que estos supoñen para a sociedade galega.
Os alumnos estiveron moi interesados no tema e quedaron moi sorprendidos con algúns dos datos aportados polos técnicos de Confemadera.
A reseña da charla podédela ver na páxina de Confemadera:
http://confemaderagalicia.es/
Os alumnos da ESO acodirán no día de hoxe a unha charla sobre a importancia de coidar e respetar os nosos bosques, denominada "O monte é a nosa vida"
Os alumnos de 1º e 2º de ESO e os seus profesores realizaron unha viaxe cultural á Coruña para coñecer as instalacións de Begano Coca-Cola, o Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía e o Castelo de San Antón.
Acadáronse os obxectivos e contribuíuse a fomentar o interese pola industria, a ciencia e a tecnoloxía e a arqueoloxía e historia de Galicia.
Saliéntase o bo comportamento dos alumnos ao longo da xornada.





Os alumnos de 3º e 4º de ESO o día 19 de Febreiro fixeron unha visita didáctica a Central Térmica de Ciclo Combinada de Endesa en As Pontes e posteriormente a o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña
Repaso de substantivo
http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm#6
Os alumnos de 1º e 2º da ESO farán unha visita cultural a Sotavento o día 30 de outubro.
Entre os obxectivos da mesma salientamos:
O día 11 de outubro acudiron ao centro dous membros da asocación Arela para dar unha charla aos alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO para informarlles a cerca do Programa Ktorce-18, que trata sobre a Ley Orgánica 5/2000, Ley do menor.
Alumnos de ESO.
Para entrar ao blogue de galego, premede aquí
PARA CUBRIR O CUESTIONARIO PINCHA NA IMAXE I 
unidade V:
Traballo de Tecnoloxía:
http://phpwebquest.org/newphp/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=15968&id_pagina=1
Este é o xornal que imos facer en 2º de Eso, esperamos que
sexa do voso agrado.
Para facer o traballo sobre "Tecnoloxía" picade aquí
Estos son os materiais para realizar as actividades
corrrespondentes á unidade 5: Estruturas.
http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd99/ed99-0053-02/contenido/estructuras.htm
A unidade nº 4: "Metales" ímola traballar a través
da seguinte páxina
Neste enlace poderedes facer a actividade
correspondente á unidade nº 3: "Materiales y madera"
Picade neste enlace para ir a páxina donde tedes
o traballo que hai que facer da materia.