O pasado venres día 7 de novembro, os alumnos de 6º de EP e
os de 2º de ESO, acompañados das súas titoras e dous profesoras, fixeron unha
actividade que se desenvolve do Programa
ATRÉVETE, no marco do Programa Eduemprende.
Esta acción establécese nun ámbito
de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
e diferentes asociación empresariais.
Os alumnos de 6º de EP visitaron o Instituto Politécnico de
Lugo. Os de 2º de ESO foron recibidos na Asociación de Empresarios do Polígono
do Ceao de Lugo e máis tarde visitaron a Empresa “Cafés As Candelas”.
(si queredes máis información, premede nos
respectivos blogues).
Hoxe os alumnos de 5° de EP visitarán o supermercado Eroski da nosa vila para realizar nel diversas actividades matemáticas.
O vindeiro día 10 de marzo celebraremos no colexio a festa da nosa fundadora Santa Mª Eugenia.
Comezaremos a mañá cunha Eucaristía na Igrexa do Rosario ás 10:00 h e a continuación voltaremos ao colexio para comezar co maratón solidario.
Estades todos convidados, agardámosvos!!!
Hoxe é a festa da nosa fundadora!!!
Hoxe, os alumnos e alumnas de 3º, 4º ,5º e 6º de Educación Primaria asistiron a un obradoiro ofrecido pola asociación ecoloxista ADEGA. Nel, os nenos tiveron que construir a súa propia vila ou cidade tendo en conta os elementos que deben estar presentes nunha localidade ben organizada, e para iso contaron coa axuda de Anxo, o monitor, que lles ensinou un montón de cousas novas e lles fixo ver a importancia do desenvolvemento sostible. Dende aquí, queremos darlle as grazas por facer un traballo tan importante para que as vindeiras xeracións sigan axudando á conservación do contorno.



Hoxe celebramos a Eucaristía de comezo de curso na Catedral de Lugo.
Como en anos anteriores, estamos recollendo tapóns de plástico cunha dobre intención: axudar no coidado do medio ambiente e colaborar con algunha causa solidaria. Así que, xa sabedes, seguide traendo todos os que poidades, e se tedes algunha dúbida sobre os tapóns que serven, consultade no noso blog de Voz Natura, alí tedes máis información.