Mamás, papás, avós, veciños....non vos esquezades de dar unha volta polos nosos blogues!!!
Atoparedes cousas tan interesantes coma estas....
O pasado xoves, día 6 de outubro, tivemos no noso colexio unha emotiva Eucaristía.
Con esta celebración, ademais de dar a benvida ao presente curso, inauguramos o noso novo patio, e pechamos os múltiples actos cos que celebramos os 50 anos de presenza da Asunción en Sarria.
Para simbolizar todo isto, alumnos de diferentes etapas plantaron dúas árbores no patio, que como explicou o director do centro representaban, por unha banda os 50 anos de traxectoria do colexio e por outra o futuro do mesmo.
Para rematar a Eucaristía, outro momento moi significativo foi a retirada do cartel co logo do 50 aniversario que nos acompañou ao longo de todo este ano, dando así por concluídas as celebracións deste aniversario.
A continuación da Eucaristía, as relixiosas agasallaron a todos os presentes coa "Torta da Asunción".
O colexio da Asunción comprácese en invitar a todas as familias do noso colexio, á Eucaristía de inicio de curso, que se celebrará no propio centro, o vindeiro xoves, día 6 de outubro, ás 10:00 h, onde teremos a satisfacción de inagurar o noso novo patio.
A continuación, poderemos degustar a torta da Asunción.
O pasado venres 23 de setembro, entregáronse os títulos correspondentes ás probas Trinity e Cambridge celebradas a finais do curso pasado.
Os alumnos de 3º de EP a 1º da ESO, estiveron presentes no acto de entrega para arroupar aos seus compañeiros e felicitalos polo seu bo traballo.
Os resultados foron moi bos en ámbalas dúas probas, polo que queremos dar a noraboa a todos os presentados e en especial a Pablo Navia, que sacou a máxima nota no exame Cambridge.
Noraboa a todos!!!
Premendo na imaxe poderedes ver máis fotos do acto.
Todos aqueles que queirades coñecer como se vai a desenvolver no noso centro a actividade extraescolar de Nenoos, lembrade que a súa xornada de portas abertas é o mércores 21 de setembro de 16:30 a 17:00 h.
Ademais para coñecer máis información sobre Nenoos podedes visitar a súa páxina web www.nenoos.es e para saber máis sobre cada unha das modalidades podedes premer nos seguintes enlaces, nos que ademais podedes ver o testimonia da nai dun alumno de Nenoos.
Mini Junior Máster Testimonio nai
Comezamos un novo curso cheos de ilusións, de esperanzas, de desexos por cumprir...
O noso lema deste ano "A ledicia de elexir" falanos de todas as posibilidades que se nos presentaran ao longo do curso, e que sempre haberá quen nos axudará e apoiará para elexir o mellor de todos os camiños.
Aquí vos deixamos a canción para que nos de enerxías para todo o que nos depara este curso que temos por diante, e que seguro que será...o mellor que puidesemos elexir!
Aqui tendes as actividades extraescolares ofertadas para este ano. Premendo nas imaxes poderedes ver os horarios provisionais, os definitivos sairán cando se formen os grupos.
E xa estamos todos!!!...
Así comezamos o curso no noso colexio!!!
A listaxe de libros do fondo solidario, adxudicados aos alumnos da ESO que o solicitaron, xa está exposta na entrada de Secretaría. Os libros serán entregados aos alumnos mañá nas clases.
A listaxe de libros do fondo solidario, adxudicados aos alumnos da ESO que o solicitaron, estará a dispoñible o vindeiro xoves día 15 de setembro, data na que está previsto que a publique a Consellería de Educación.
Lembrarvos a todas as familias de alumnos de 3 anos, que podedes acollervos ao periodo de adaptación, do que tendes a continuación o horario, ou ben comezar xa o curso no horario habitual de 9:00 a 14:00 h se o precisades. Tende en conta, que se debe escoller unha das dúas opcións dende o comezo do curso, non é posible cambiar de opción unha vez comezadas as clases.
Lembramos ás familias interesadas nas actividades extraescolares que, coma todos os anos, as actividades darán comezo no mes de outubro e rematarán no mes de maio.
.
O luns día 12 de setembro, de 10:00 a 12:00 h teremos no noso centro a xornada de presentación e benvida ao cole.
Todas aquelas familias que precisen ese día do servizo de comedor deberán anotarse en secretaría. O prazo para anotarse finaliza o mércores 7 de setembro.
Todos aquelas familias de Educación Primaria, dos cursos de 3º a 6º, que teñan asignados libros do banco de libros poderán recollelos na aula do curso que lles corresponda o mércores 7 de 12:00 a 13:30 h.
Para aquelas familias que non podan recoller os libros ese día e nese horario, entregaránselle aos alumnos o día de inicio de curso de Educación Primaria, luns 12 de setembro, na aula.
Todas aquelas familias solicitantes das axudas para adquisición de libros de texto e das axudas para a adquisición de material escolar, que aínda non pasastes a recoller os vales correspondentes pola Secretaría do colexio, lelmbrade que mañá, venres día 29 de xullo é o último día para pasar a recollelos en horario de 9:30 h a 14:00 h.
Aqueles que por calquera circunstancia, non os recollades mañá, deberedes agardar ao 1 de setembro para facelo xa que o centro permanecerá pechado durante todo o mes de agosto.
Informámosvos, a todas as familias solicitantes das axudas para a adquisición de libros de texto e das axudas para a adquisición de material escolar, que a partir do martes 26 de xullo, poderedes pasar pola Secretaría do colexio para recoller os vales correspondentes.