INTERCAMBIO IES DE FENE – I
INTERCAMBIO
IES DE FENE – I. T. CARLO SCARPA
Neste curso 2008-2009 decidimos
facer amigos polo mundo e iniciamos un proxecto de intercambio co Instituto
Tecnico Statale per Geometri CARLO SCARPA, que está situado en San Doná de Piave,
na rexión do Veneto en Italia, viciño á famosa e bella Venecia.

Neste primeiro intercambio viaxaron
arredor de 24 estudiantes e catro profesores dos dous centros, pero non só estes
embaixadores participaron da experiencia: Durante a nosa estancia na rexión do
Venetto poidemos empaparnos de beleza e historia ademais de disfrutar da
simpatía e hospitalidade dos nosos compañeiros italianos.

Na cidade de Pádua admiramos a súa zona histórica
baixo a chuvia e os famosos frescos de Giotto, pintados no século XIV.
Tamén é unha importante cidade universitaria e
centro de peregrinacións para os devotos de San Antonio de Pádua.
Na cidade de Pádua admiramos a súa zona histórica
baixo a chuvia e os famosos frescos de Giotto, pintados no século XIV.
Tamén é unha importante cidade universitaria e
centro de peregrinacións para os devotos de San Antonio de Pádua.
Outra cidade que visitamos foi Vicenza. Aquí
estamos xunto con estudantes italianos antes de entrar a un dos museos da cidade.
En Vicenza estaban a commemorar o V centenario do nacemento do arquitecto Andrea
Palladio.
Entre as obras deste arquitecto que se poden ver
están o actual Museo Civico, o Teatro Olimpico e o Palazzo Barbaran de Porto.
A xoia do Veneto é indubidabelmente Venecia, á que
adicamos dous días. Non podiamos atopar mellor guía que Massimo Ghion, profesor
do Carlo Scarpa e nativo de Venecia, para deambular polas labirínticas rúas
desta cidade.
Aquí tedes ao grupo posando ante o Gran Canal
veneciano e na piazza de San Marcos.
Que mellor souvenir que unhas máscaras do carnaval!

|