Pagina nueva 1
VISITA A
INDITEX

O xoves 8 de xaneiro de 2009, os alumnos do ciclo de
Administración realizamos unha visita guiada as instalacións de ZARA
pertencentes ao grupo INDITEX, situado en Arteixo (A Coruña).
A visita consistiu nun percorrido pola distintas áreas desta empresa.
DESEÑO; onde o persoal esta recen titulado, son persoas moi xóvenes que están ó
tanto das novas tendencias.
COUNTRIES MANAGERS; nas que cada comercial encargase de estar ó tanto das vendas
dos diferentes países onde INDITEX ten a súas tendas.
PATRONAXE; nesta sección fan os patróns das distintas prendas. Tamén mediante un
programa informático aproveitan a súa principal materia prima, que é a tela.
ESCAPARATISTA; neste centro dispoñen dunha simulación dun centro comercial, no
que deseñan a totalidade da tenda( escaparates, música, colocación dos artigos,
olores, iluminación….)
Logo desprazámonos ata unha nave onde se realiza unha parte do proceso de
fabricación e distribución da mercadoría aos distintos países onde esta empresa
ten as súas tendas.
Alí quedamos moi impresionados coa gran maquinaria da cal dispoñen; algunha dela
única do mundo e deseñada exclusivamente para eles.
Para rematar dicir que, en xeral, o que mais nos chamou a atención foi a gran
organización que ten esta empresa, tanto a nivel do persoal, como nas distintas
fases de; fabricación, embalaxe e distribución das prendas.

|