Pagina nueva 2
II LIGA GALEGA DE
DEBATE
Varios estudantes galegos de Bacharelato analizaron se
debemos usar a cana o dar peixe ós paíeses en vías de deserntolo e que labor
realizan as administracións para loitar contra o consumo de drogas na II Liga
Galega de Debate, que tivo lugar no Multiusos Fontes do Sar os días 29,30 e 31
de xaneiro.
Este certame puxo en marcha a Dirección Xeral de Xuventude
e Solidaridade da Vicepresidencia da Xunta.
A Liga Galega de Debate busca, doutra banda, fomentar o uso
da lingua galega e "educar para saber escoitar vos diferentes puntos de vista
dás persoas".
Organízase a modo de competición deportiva. Participarán,
así, 48 equipos e un total de 240 mozos, alumnos e alumnas de primeiro e segundo
de Bacharelato procedentes de todos os centros de ensino de Galicia.
O IES de Fene participou neste evento con dous equipos
compostos por: José Manuel García,Cristina Cabana, Laura Roel,Ignacio Grueiro,
Alba García, Anaid Souto, Sergio Chao e Jacobo Piñeiro, acompañados polos
profesores Alexandre Ripoll e Estrella Pérez.
Cada eliminatoria presentouse como unha disputa de
argumentos entre dous equipos. Un xurado, formado por profesionais na materia,
designou ao gañador, e o vencedor final foi premiado cunha viaxe cultural dun
fin de semana ao País Vasco. Cada membro do grupo recibirá ademais un computador
portátil.

|