Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Visita cerámicas O Castro

Pagina nueva 1

O Castro

 

Visita á fábrica de cerámica do Castro

O pasado mes de febreiro os alumnos/as de 2º da ESO fomos ao Castro de Samoedo, lugar que se atopa preto de Sada. Acompañáronnos Sabela e Luísa. Esta excursión estivo dividida en dúas etapas. Na 1ª asistimos a un obradoiro de cerámica. Ensináronnos unhas técnicas de traballo e a continuación fixemos dúas figuriñas, unha delas unha xerra e a outra libre. Quedaron a secar.

 

 

Volvemos ao mes seguinte para pintar as pezas e despois ensináronnos a fábrica, vimos un vídeo sobre a historia da fábrica e visitamos o museo de pintura “Carlos Maside” que había nun inmenso edificio.

Dúas semanas máis tarde chegaron as figuras ao noso instituto, menos dúas que foran escollidas polo ben feitas e pintadas que estaban. Na biblioteca fixémonos fotos con elas e despois levámolas para a casa.

Esta experiencia foi moi boa e gustaríanos volver outra vez.

 

Laura López Paz 2º A
Leonardo A. Sanz Diego 2º B