AH, PARÍS, PARÍS!!
Como algún ano anterior, o alumnado de Lingua Francesa tiva
a oportunidade de ir de excursión a algún país no que se fale esa lingua.
Nesta ocasión, tocou volver a París, no que o alumnado de
3º de ESO, nove concretamente, estivo cinco días visitando os principias
monumentos desa cidade acompañados das profesoras Montse e Cristina.
Velaí os tedes disfrutando de tan envexosa viaxe.

AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA
Lembrades o logotipo que gañou o accésit de Galicia o ano
pasado?
Era este, e foi, como sabedes, feito por Sarai Casal.

Pois ben, este ano, tamén tivemos a sorte de recibir o
premio ao mellor deseño de mascota. Nesta ocasión, o autor foi Víctor Vilariño,
de 4º ESO A, polo deseño que tedes a continuación:

Felicitamos, dende aquí a Víctor, así como ás profesoras de
Plástica.
|