Pagina nueva 2
IV EDICIÓN DO CONCURSO DE
CARTAS DE AMOR
Xa non lembro cando nos coñecemos
sería un día tal coma hoxe
chuvioso.
Fíxonos falta unha hora para decatarnos
da existencia do outro, pero
atopeite.
E xa non podo esquecer esa mirada
esgazada
que golpeou a miña mente.
E co son da choiva que vén de lonxe
pecho os ollos
véxote,
branco,
mollado,
con esa mirada apaixonada,
que se crava na miña mente
...
Atopámonos sós no mundo
perdidos
non esquezo ese momento
no que me decatei
e ti te decataches...
Fume de tabaco.
Tequila.
Xa non podo olvidarte.
|
 |
**********************
Ola meu amor! Deséxoche un feliz San Valentín.
Teño que dicirche tantas cousas, e que te amo tanto!...,
ámote dunha maneira inexplicable, dun xeito contraditorio, aínda que che diga
que non te amo, ámote!.
Ámote inconscientemente, indubidablemente, por un pulo,
ámote cos meus cinco sentidos, pero aínda así, non teño argumentos lóxicos para
dicircho.
Cantas veces soñas como será a túa vida dentro duns anos!, soñas un mundo
perfecto, coa persoa perfecta, pero ao espertar, só queda nun soño e pensas se
realmente todo será tan perfecto como neses soños. E cres que non, ata que un
día, aparece alguén coma ti, e ese soño cúmprese, e faise realidade.
Pasan os días e cada día estou máis convencida de que isto é para sempre, porque
sempre vou estar ao teu lado, apoiareite no bo e mimareite: cando o necesites,
que estando contigo, sempre serei feliz e sempre nos quereremos.
É que este amor que sinto por ti é algo tan especial!, levantarse á mañá e saber
que estás aí, que me apoiarás no bo e aguantarás no malo e que sempre me farás
rir cando queira chorar, e todo isto e máis como es, son os ingredientes polos
que me namorei de ti.
Grazas, grazas polos momentos tan especiais ao teu lado, nunca os esquecerei, e
menos nun día tan especial como hoxe, o día dos namorados.
Quérote! Por sempre ao teu lado!
**********************
Querida María:
Penso que neste día de San Valentín por fin reunín o valor suficiente para che
confesar que me gustas moito.
Levo meses e meses, eu penso que anos, pensando en ti, en como te portas comigo,
no teu sorriso, nos teus beizos... e oxalá que algún día te decates de quen son
e poda chegar a haber algo máis que a amizade que agora nos une...
Espero que me recoñezas.
Quérote!
Ti fuches pra min
a auga que calmou a miña sede,
a chispa que prendeu o meu lume
e o puñal que abriu mil feridas.
Mais despois de tanto tempo,
a miña sede volve e debe ser saciada.
O meu lume volve ser reavivado
e a ferida que me abriches
cérrase lentamente.
|