Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Os nosos grupos musicais

OS NOSOS GRUPOS MUSICAIS

Un ano máis, a profesora de Música, Bárbara Mourelo, puxo a andar os grupos musicais que nos representan en diversos festivais. Coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística do IES de Fene, que é quen se encarga de traducir as cancións, e o crecente interese que a rapazada mostra por formar parte destes grupos, Bárbara adicou boa parte do curso escolar a preparalos para a súa presentación ante o público.

Como o curso anterior, podemos cualificar esta experiencia como un éxito, se mire dende o punto de vista que se mire.

O tirón que produce entre o alumnado é tal, que houbo que facer dous grupos:

Dunha banda, estaba o grupo Os Fenéticos, que o compoñían as seguintes persoas:

Piano: Xano, de 2º ESO A
Baixos: Leo, de 2º ESO B e Laura, de 2º ESO A
Batería: Rubén, de 2º ESO A
Voz: Laura, de 2º ESO B

Entre o seu repertorio podemos salientar un par de cancións:
Cega, xordomuda (Shakira)
Déixame (Los Secretos)


O outro grupo tiña por nome Arredemo, e a súa composición era a seguinte:

Baixos: Pablo, de 2º Bach. e Diego, de 1º Bach.

Batería:Ricardo, de 3º ESO B

Guitarras: Félix, de 3º ESO A e Juan Ramón, de 3º ESO A

Voces: Rocío, de 3º ESO A e Samantha

O repertorio deste grupo é máis amplo, aínda que tamén salientaremos un par de cancións:

Sen ti non son nada (Amaral)
O sitio do meu recreo (Antonio Vega)

A sona destes grupos vai medrando co paso do tempo, pero a pesares de levar moi pouco tempo actuando, xa tiveron tempo de actuar no Pote en Maniños, no local da Liga de Amigos de Barallobre e na Praza Verde de Fene.

Asemade, Arredemo é un dos grupos convidados ao Festival da Mocidade coa Lingua que organiza en Ferrol a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.