Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: As meninas de Canido no IES de Fene

Pagina nueva 2

AS MENINAS DE CANIDO NO IES DE FENE

 

Un día do verán de 2008, un veciño do ferrolán barrio de Canido colleu unha brocha e borrou de branco un mural artístico que o artista Jorge Cabezas estampara nunha parede desa barriada. Sobre el fixo unha pintada alusiva a unha antena de telefonía móbil.

Como resposta a esa gamberrada, naceu por parte dalgúns pintores ferroláns a idea de inundar esa zona da cidade con figuras de meninas, icona de Velázquez e sobradamente coñecidas por todo o mundo. De paso, chamaban a atención sobre o abandono desa zona.

 

Así, o día 20 de setembro de 2008, algúns tivemos a sorte de ver en directo o froito desa idea madurada e feita realidade nun día que, ademais, estaba espléndido para o paseo e a pintura.

 

Como a idea foi tan boa e resultou tan exitosa, no noso Instituto houbo quen tivo a brillante idea de adicar o Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO a este evento.

Así, dende primeiros de curso parte do noso alumnado está traballando en cuestións diversas relacionadas coas meninas de Canido.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                               

                              

 

Que boa idea!!