Pagina nueva 1
Un ano máis, neste curso 2008-2009, seguimos poñendo os
nosos graos de area para formarnos na idea dun mundo sostible e perdurable,
empezando por nos mesmos como individuos e como comunidade escolar.

1º ESO asistiu a esta extraordinaria
exposición na CASA da CULTURA

Alumnos do Comité
Ambiental |
¿Qué obxectivos
temos?
+ Identificar, analizar e
investigar as causas dos problemas que afectan a calidade
ambiental e de vida do centro escolar e o seu contorno.
+ Concienciarnos da
necesidade de mellora do noso medio.
+ Programar e poñer en
funcionamento accións que melloren a vida diaria do centro
escolar.
+ Fomentar a participación
de todos, non só a participación de profesorados e alumnado en
actividades puntuais, senón tamén implicar a todos os sectores
na toma de decisións respecto a estratexias, actividades, etc.
+ Lograr acordos que
posibiliten modos de vida máis sostibles no centro.
|
|
AS ACTIVIDADES QUE MÁIS NOS
GUSTARON:
 |
|
Invitados polo
CONCELLO DE FENE, fixemos visitas
guiadas a dúas exposicións na Casa da Cultura.
Os alumnos de 3ºESO visitaron a exposición
GALICIA – CONSERVANDO A NATUREZA e os de 1º ESO disfrutaron
con
GALICIA BIODIVERSIDADE |
Nós tamén tivemos no centro a exposición do CEIDA
“O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A
NOSA OPCIÓN
Esta actividade permitiunos estudar a incidencia da actividade humana no clima
por medio de 20 paneis e uns cadernos de actividades. Tamén comprobamos
aproveitar a luz do sol para producir enerxía eléctrica con sistemas elaborados
polos alumnos do CIFP de Fene.
OUTRAS LIÑAS DE ACCIÓN PERMANENTES:
Recollida selectiva de residuos: papel/cartón, consumibles
informáticos, teléfonos móviles, pilas e baterías...
CONCURSO AULA MÁIS
SOSTIBLE dirixido a todos os grupos de ESO
Data de Inicio: 14 de Abril Data de Remate: 29 de Maio
O xurado valorará :
Limpeza de mesas e cadeiras.
Uso eficiente da luz eléctrica.
Evitar fugas de calor cando usamos a calefacción.
Uso das bandexas e colectores de papel.
Taboleiros de anuncios ordenados .
Outras iniciativas propias de cada grupo en busca da sostibilidade
e de aulas máis acolledoras.
Periódicamente e sen previo aviso, o xurado revisará as aulas
e publicará os resultados.
O premio será unha excursión para toda a clase a un lugar de
interese medioambiental en Xuño
|