Pagina nueva 2
SOTAVENTO

Moi recomendable é o cualificativo que merece a visita ao
parque eólico experimental de Sotavento. Durante unha mañá explicáronos cales
son as diferentes formas de obter enerxía, que experimentos se están a facer nas
instalacións e deixáronos moi claro que calquera consumo enerxético ten
consecuencias económicas para o noso peto e consecuencias ambientais para o
planeta. Os guías insistiron moito neste aspecto: o aforro enerxético é unha
necesidade para todos. Un exemplo: o “stand by” dos electrodomésticos é o
responsable do 1% das emisións de CO2 á atmosfera.
|