Pagina nueva 2
PARAISOS NATURAIS
Emilio Varela, periodista e naturalista galego, volveu ao
noso centro para impartir a actividade “Paraísos naturais”. Cunha amena
exposición levounos polos Alpes, o Himalaia, a Amazonía, a Patagonia e a
Antártida para finalizar recordándonos que aquí, moi preto, hai verdadeiros
paraísos que nos agardan.
Como en todas as súas charlas, Emilio insistiu no necesario que é manter viva a
curiosidade e que só temos este planeta para vivir.

|