Pagina nueva 2
KLAUS VISITOU A
NOSA TERRA
Catro días de furia
Este ano houbo un temporal, segundo din os meus avós “moito peor que o
Hortensia, eh!”. En Perlío, onde vivo, houbo riadas e o ría Cádavo desbordouse,
tamén caeron varias árbores (algunhas arrincadas de raíz) por mor do vento.
Cando Sara, a miña nai e eu levamos o can pola noite a dar
unha paseo, sorprendémonos ao ver a paisaxe. Un señor estaba sacando fotos das
riadas, levaba botas de auga, porque esta lle chegaba aos xeonllos. Estaban
evacuando o aparcamento do novo edificio (situado onde estaba o edificio), xa
que a auga comezaba a chegar até as portas dos coches.
O meu can quixo cruzar a estrada, mais a auga que pasaba
por esta levouno e a miña nai, Sara, e eu tivemos que correr entre a riada para
agarrar o can. Daquela comezou o vento e tivemos que poñernos a resgardo, porque
os cables da luz non deixaban de moverse e ameazaban con caer. Cando por fin
chegamos a casa, non había luz. Tivemos que acender dez veliñas para ver algo.
Cando xa as tiñamos acesas a luz regresou e decidimos ir a cama a durmir.
Á mañá seguinte (era sábado) puidemos ver os danos: árbores
arrincadas, cable da luz polo chan, semáforos tirados no chan, tellados con
buracos... Esa mesma noite, volveu chover e a facer vento, mais con menor
intensidade. O domingo pola mañá tamén pasaran os mesmos danos do día anterior.
Cando pasou a noite do domingo, espertei (ás 7:20, por certo), vestinme e vin ao
instituto. Como non había luz, suspendérono, volvín a casa e quedei alí todo o
día.
Ángela García Pérez (2ºA E.S.O.)

Un temporal preocupante
O pasado día vintedous fun avisada pola noite polos meus amigos para que non
fora ao instituto. Dixéronme que o tiñan dito na Galega, que non habería clase
polo temporal. Kristy e eu quedamos en vernos o día seguinte. En principio ela
ía vir a miña casa mais o final foi ao revés.
O venres ás 17:00 (cinco da tarde) fun até casa de Kristy
e, ao comezo todo era normal. Pero, sobre as 19:10 (as sete e dez minutos da
tarde) cando xa tiña escurecido, marchou a luz. Apagóusenos todo e o único que
nos fixo graza foi ver a zona de Ferrol escintilando. Era como unha festa!
Despois veu a miña nai e marchamos para casa. Como era
venres, fun durmir a casa dos meus avós, aínda que ía porque viñera a miña tía
de Ourense, que pese a que había temporal veu como se nada. Fun andando e polo
camiño cruceime cun gatiño pequeno, que como pesaba pouco, saíu voando mais non
lle pasou nada. Cando cheguei, despois dun rato, marchou a luz. Nese intre
decateime de que o meu irmán tiña que vir ás 23:00 (aproximadamente) pola ponte
de Neda, e meus pais dicíanme de broma “seguro que cae o mar co coche, e como
hai temporal, non o poden sacar”. Aínda que pareza que non, púxenme moi nerviosa
e sen que souberan nada, mandeille unha mensaxe para que viñera por Xuvia e
fíxome caso.
A casa dos meus avós queda nun alto, igual que a de Kristy,
así que o temporal parecía peor do que era realmente. Non se oía nada agás o
horroroso temporal e as árbores caendo e rompéndoo todo sen deixar nada ao seu
paso.
Ao día seguinte, levanteime correndo e saín ao campo...
estaban todos os veciños recollendo todo! Despois fun á miña casa e vin o coche
do meu irmán fóra, e non no garaxe, algo estraño. Abrín o portal, Subín polas
escaleiras e abrín a porta, estaban o meu irmán e o meu pai. Baixei até Perlío e
observei que todo estaba mal, as árbores caídas, as portas rebentadas... Isto
facía recordar un filme, A guerra dos mundos!
Ao final todo foi a mellor... pouco a pouco... aínda que
logo volvía a empeorar... que desastre!
O meu caso non foi para tanto, mais o que máis me fixo sufrir foi o meu irmán...
estaba preocupadísima por el!.
Ana Montes Miraz (2º A ESO)
Maldito temporal
O venres pola tarde veu un amigo á miña casa, e sobre as
19:30 da tarde comezou a facer vento e nos metemos dentro da casa. Unha hora
máis tarde el marchou e uns minutos despois, foise a luz. Cando fun para cama xa
facía un vendaval impresionante.
Pola mañá ao día seguinte espertei e mirei pola xanela. O
panorama era impresionante:
Primeiro, a miña fiestra estaba toda fendida, tiñamos un
ventanal do restaurante O Mesón do vento diante de casa, dúas árbores caídas...,
mais iso non era o peor: estabamos sen luz!. En fin, como estaba aburrido fun
dar unha volta na bici (iso si, antes tiven que sacar cinco! caldeiros de auga.
Todo Magalofes estaba afectado: todas as casas sen luz, algunhas sen tellado,
árbores caídas por todas partes, tellas rotas, antenas tiradas por aí... e todos
sen luz! Cheguei até Fontenova e descubrín que David tiña luz. Logo baixei e
atopeime con Sara Sabín quitando auga do pozo. Se é que se non fora polo
pozo...!
A todo isto, nós chamando a Fenosa, e os moi puñeteros
tivéronnos dez minutos escoitando absurdas musiquiñas.
Cando por fin nos colleron, saíunos unha pincha cabichas ao
teléfono dicindo que non saben nada! En fin, para que se vexa o que é Fenosa.
O domingo igual, sacando caldeiros, chamando a todo dios e
recollendo árbores.
Por casualidade, pola noite, fomos a As Neves e alí
atopámonos a uns obreiros de Fenosa, que nos dixeron que a luz ía volver dun
momento a outro e que primeiro a Magalofes.
Xa se ve que iso non foi así, porque estamos a martes e
aínda non hai luz.
O único bo foi que nos quedamos dous días sen clase.
Alexandre Chao Vizoso (2ªA ESO)

Un día de furia
Todo comezou o xoves cando vimos un avance informativo (na TVG) no que dicían
que os nenos de Lugo e A Coruña non poderían ir a clase ao día seguinte por un
forte temporal que chegaría ao longo do día do venres ás costas galegas.
A xornada do venres transcorreu con normalidade. Pola mañá
facía o mesmo día que moitos outros e por iso, o meu irmán e máis eu, estivemos
moi contentos de estar na casa. Pola tarde, a iso das 18:00 horas, empezou a
facer algo de vento e xa nos tememos o peor: toda a noite con vento e varios
días sen luz. A sospeita non tardou en chegar. Polas 21:00 apagáronse todas as
luces e estivemos sen corrente. Tivemos que cear con velas e estar con lanternas
e focos toda a noite.
Esa noite foi horrorosa e case ninguén da casa deu durmido
por mor do terrible vento.
Á mañá seguinte (seguiamos sen luz) fomos ver que cousas
rompera o vento. En casa non pasara nada pero na horta tirara dúas árbores. Na
casa dunha veciña tirou a cheminea, pero esa casa non estaba habitada e non
pasou nada. En Fene tirou un semáforo e así en moitos sitios da comarca.
Esa tarde fomos a AKI (o que está ao lado de Alcampo) a
comprar focos, xa que os que tiñamos (ademais de ser moi pequenos) non tiñan
case pilas. Alí o único que atopamos que nos interesara foi un foco que ao
pulsalo daba luz , pero aínda así non o compramos. Despois fomos a Alcampo e alí
tampouco atopamos focos xa que estaban esgotados. Ao final, onde o encontramos
foi en Sport Zone (no Odeón).
O domingo por terceiro día consecutivo estivemos sen luz, e
por iso nos quedamos todo o día na casa.
O luns levanteime á hora de sempre e levoume o meu pai ao
cole xa que perdera o bus. Alí os profes nos din que non hai clase (debido a que
non hai luz) e nos marchamos para casa. Levantei ao meu irmán e logo estudei
Xeografía (o mércores tiñamos exame). Logo fomos facer o reparto e a compra. Xa
chamaramos a casa do noso padriño para lle dicir que iamos ir á súa casa, pero
nese momento (sobre as 16:00) veu a luz. Puxémonos todos moi contentos porque
foran moitos días sen luz.
Alí acabou o noso pesadelo.
Laura López Paz (2º A ESO)
|