Pagina nueva 2
APRENDER SENDO
ADULTOS
Somos un grupo de persoas de moi diversas formas de
pensar e de diferentes idades (que van dende os dezasete aos setenta e sete
anos), pero todos temos algo en común: a inquietude de non quedarnos atrás nas
novas tecnoloxías e a actualización dos nosos coñecementos adquiridos hai tempo.

Estamos divididos en dous grupos: a un, interésalle a
informática, aprender a andar cos ordenadores para poder comunicarse cos fillos
e netos, e o outro, optou por sacar o título da ESO, dado que no seu momento non
tivo ocasión de facelo.
A moitos resúltanos difícil volver de novo a poñernos en contacto con libros,
aparcados fai bastantes anos, algo que imos superando grazas ao noso esforzo, ao
noso tempo e á axuda do profesorado.
Recordando a nosa etapa de estudante dámonos conta do cambio tan grande que deu
o ensino; pensamos que dispoñen de moitos medios ao seu alcance, algo do que nós
careciamos e que eles non saben valorar.

A nosa experiencia foi moi positiva este ano, animamos á
xente coma nós a que participe nestes cursos, pois consideramos que a estas
alturas da vida enriquecenos e axudanos a seguir tendo ilusión por mellorar os
nosos coñecementos.
Alumnas e alumnos da ESPA
|