CURSO 2002 - 2003
De seguido suxerimos unha serie de traballos acumulados ó longo deste curso e que sen dúbida colmarán moitas das vosas inquedanzas:
Día
30 de xaneiro de 2002
Aquí estará exposta unha mostra dos traballos que o alumnado está realizando con este motivo. Lembrade que só con cidadáns xustos e responsables será posible una comunidade xusta e responsable.Antonia Gamallo López cun triple traballo: Pacifistas en la historia, percorrido nominal polos consagrados coma pacifistas; un repaso a unha obra que se escribiu 600 anos antes de Cristo El Arte de la Guerra; e o resumo da obra de Orwell Rebelión en la granja. Cristian Marcos Álvarez: Mohandas Gandhi, Beatriz Gómez Muñoz: Sobre a agresividade (comentario ó capítulo La hipótesis de la caza do libro de Robert Ardrey: La evolución del hombre: la hipótesis del cazador).
Se queredes asinar o Manifesto contra a violencia de xénero, e coñecer noticias e ámbitos relacionados con este tema visitade: http://www.xunta.es/auto/sgi/inicio.htm
8 de marzo: Día da Muller Traballadora. O grupo de traballo de Ciencias Políticas e Socioloxía responde aquí ó motivo desta idea e inclúen información relativa a esta desgraciada commemoración. Tamén podedes atopar unha escolma sobre Pacifismo y Feminismo, de Ramón Veloso. Tamén aportamos un pequeno resumo sobre A (suposta) Igualdade recollido por Antonia Gamallo (unha vez máis).
Seguemos tendo como referente primordial o traballo de Antonia e Diego
Atemporal e eterno é o traballo sobre o AMOR
de Santiago Sanjurjo Díaz, eterno enamorado
neuronal. A primeira parte do seu estudio sobre o clasicismo amoroso na historia
podedes consultalo aquí. Levade pano grande porque o amor clásico sempre está
rodeado de bágoas. Atoparedes tamén unha reflexión desde un párrafo de
Bukowski, onde demostra que o alumnado pode chegar a ser humano, demasiado
humano: Comentarios a un texto de Bukowski.
Afondando no íntimo incuestionable, disfrutemos dalgunha das poesías coas que
o noso autor conseguiu un accesit no Concurso de Poesía convocado polo IES
María Soliño de Cangas (do Morrazo): O lirio
(os problemas técnicos son incompatibles coa rima. Santi se les isto ponte en
ontacto e renova os arquivos)
VII Certamen Francisco Añón de poesía
El primer premio de jóvenes entre 15 y 17 años recayó en Alicia Fernández Rodríguez por su obra Rúlame, ruralmente. En esta categoría se concedió un accesit a Santiago Sanjurjo Díaz, por 20 poemas, que podremos leer en breve en esta página, cuando solventemos defectos técnicos (qui potest capere, capiat)
Outro grupo de traballos é o dos alumnos e alumnas da materia optativa Introducción ás Ciencias Políticas e Socioloxía, do curso 200-2003:
Nun primeiro achegamento utilizamos a pregunta pola sociabilidade humana para reflexionar sobre o noso papel na sociedade, así as lecturas que veredes intentan profundizar no feito social desde esta perspectiva: a necesidade ou non da sociedade na vida do individuo e tamén o positivo ou o negativo na nosa relación dentro da sociedade.
Se queredes entender esta pequena parrafada lede por exemplo o traballo de Beatriz Gómez Muñoz e de Encarna López Morado (2º BAC B) sobre o coñecido e solitario libro de Daniel Defoe; ou tamén a reflexión de Lorena García García (2º BAC B) sobre a obra de Aldous Huxley Un mundo feliz. Ou tamén o recente traballo de Ramón E. Veloso sobre Summerhill
Tamén podedes ler os traballos que Lucía Iravedra García e Encarnación López Morado (2º BAC B), e Leticia Castelao Peláez (2º BAC Educación Permanente de Adultos) fixeron para o Día Mundial do Consumidor 2002.
Pero non todo é política. O alumnado de 1º de BAC tamén utiliza o seu tempo para reflexionar desde o noso ámbito filosófico. Froito deste paciente proceso cognitivo son os traballos que tematicamente agrupamos na portada do departamento. Aquí engadiremos os relativos a temas concretos:
8 de marzo. Día da muller traballadora
Se queredes ler algo numérico visitade o traballo de Ángela Chao Cobo,Tamara Dorado Fernández e Laura López Paz (1º BAC A)
Se tedes interés no mundo clásico (de calquera lugar do orbe) visitade con calma o traballo sobre os Mitos cosmogónicos de Santiago Sanjurjo Díaz (son moitas páxinas e non están incluídos marcadores, pero xa o faremos)
Reflexións iniciais e finais:
Coas mellores intencións (coma sempre) comezamos un curso máis con algunha novidade no departamento:
Somos dous profesores impartindo o cadro completo de materias. A fichaxe deste curso provén do departamento de grego, e xa conta cunha ampla traxectoria nas ensinsanzas de filosofía. Así cubrirá os espacios filosóficos de 1º BAC EPA, e a optativa de Filosofía da Ciencia e Tecnoloxía en 2º BAC EPA. O resto cubrirá as ensinanzas de 1º e 2º BAC e a optativa de 2º BAC Introducción ás Ciencias Políticas e Socioloxía.
Os traballos que intentaremos sacar adiante este ano refírense a diferentes ámbitos:
Filosofía na arte: perseguer as representacións pictóricas nas que aparezan algúns dos nosos protagonistas:
Rafael: Escola de Atenas
Rembrandt: Aristóteles contemplando o busto de Homero
Berruguete: Aristóteles
Gravado de Aristóteles do século SVII
Alberto Durero Alegoría a la filosofía
Tintoretto (1582) El origen de la vía láctea
Salvador Rosa (1650) Demócrito meditando
Salvador Rosa (1662) Protágoras y los pescadores
Jacques Louis (1787) Adiós de Sócrates a los discípulos (multitude de veces representada nos libros de filosofía con distintos nomes, datas e autor, ... daremos detalles máis adiante.
Se tedes algunha referencia artística relativa a este tema, avisade polas canles habituais (non as de Lowell)
Queremos tamén reservar un pequeno curruncho para a fotografía matemática, que moito prolifera ultimamente en tódolos centros, pero que esquecen a raíz fundamental da súa orixe, que é o pensamento de Galileo Galilei (non nos gusta chamalo só polo nome) no seu libro Il Saggiatore:
A filosofía está escrita nese grandísimo libro que temos aberto ante os nosos ollos, quero dicir o Universo, pero non se pode entender se antes non se aprende a entender a lingua, a coñecer os caracteres nos que está escrito. Está escrito en linguaxe matemática e os seus caracteres son triángulos, círculos ou outras figuras xeométricas, sen as cales é imposible entender unha soa palabra; sen eles é como xirar en van nun escuro labirinto.
Con estas palabras establecemos o contexto exacto de traballo para este apartado, non hai variantes posibles cando as palabras de Galileo Galilei foron tan claras. Desde dita perspectiva poderemos comentar as fotos que vaiamos aportando. Por exemplo: tanxente, nube de puntos ou paralelas varias:



