




BELÉN GARAÑANA, PREMIADA NO CONCURSO LITERARIO "O NOSO LAR"
A alumna de 1º de ESO, Belén Garañana acaba de recibir un segundo premio no concurso literario infantil-xuvenil da "Fundación O NOSO LAR" de San Román de Lousada.
O tema do concurso xiraba arredor do mundo rural e a alumna recibiu o premio polo seu traballo titulado "Recordos daquel tempo" no que narra unha historia de emigración a Cuba.
Felicitamos a Belén polo seu premio e pola calidade do seu traballo, ao tempo que a animamos a seguir participando neste tipo de actividades.

Sete alumnos de 4º de ESO acompañados do profesor de ciencias viaxaron ata a cidade francesa de Toulouse para participar na fase final do Rally Científico. Agradecer ao Concello, Deputación e Anpa a súa axuda. Desexarlles moita sorte e que desfruten desta experiencia.
Os alumnos de 1º e 2º da ESO tiveron un día de convivencia xunto a tres dos seus profesores no Priorato de Lóuzara.
Desfrutaron moito da xornada e aprenderon cousas novas tanto deles mesmos como do resto dos compañeiros.
Podedes ver como o pasaron premendo aquí.


A sesión deste trimestre foi a película “A
estrana vida de Timothy Green”, unha
historia máxica e inspiradora, coa que os alumnos descobren que ás veces o
inesperado pode brindar algún dos mellores agasallos da vida.
Resultou unha actividade entretida e moi interesante para os alumnos.


O vindeiro día 10 de marzo celebraremos no colexio a festa da nosa fundadora Santa Mª Eugenia.
Comezaremos a mañá cunha Eucaristía na Igrexa do Rosario ás 10:00 h e a continuación voltaremos ao colexio para comezar co maratón solidario.
Estades todos convidados, agardámosvos!!!
Hoxe é a festa da nosa fundadora!!!
Os alumnos de 4º de ESO visitaron os institutos Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez para coñecer as instalacións destes centros educativos de cara a continuación dos seus estudos. Nestes centros recibiron información sobre as características dos estudos de bacharelato e ciclos formativos referentes a materias das diferentes modalidades, selectividade, inserción laboral e tamén características propias deste ciclo.
Como sabedes, a comunidade educativa da Asunción está a participar no proxecto da Consellaría de educación "recíclate con Sogama" dende o mes de outubro. Levabamos anos concienciados do problema dos residuos e facendo recollida selectiva, pero este curso contamos cunha illa de reciclaxe que nos facilita moito as cousas. Dende xaneiro contamos, ademáis, cun compostador que colocamos ao lado da horta, de maneira que, se todo sae ben, pronto teremos o noso propio abono fabricado a partir dos restos orgánicos do comedor escolar. Os alumnos de 6º, encargados do compost, están aprendendo moito sobre o proceso da compostaxe e, despois de elaborar uns chamativos e útiles carteis para distinguir o que se pode botar e o que non, pediron colaboración nas dúas cociñas que hai no centro: a da comunidade e a do comedor. Nas dúas colocaron recipientes especiais para separar os residuos orgánicos, ademáis de dar un rápido cursiño de formación ás cociñeiras. Todas están escantadas de poder colaborar, e pronto veremos os primeiros resultados. Aquí tedes unha pequena presentación sobre o compostador. Se queredes ver máis actividades de reciclaxe, visitade o blogue do 3º ciclo.
O xoves 23 de xaneiro, os alumnos do 3º ciclo asistiron á representación de teatro en inglés "time travellers" ofrecida pola fundación Nova Galicia banco, e que tivo lugar no auditorio Gustavo Freire. Foi moi divertida e os alumnos participaron moito. Resultou moi positivo para eles, xa que adquiriron vocabulario e expresións novas e comprobaron que teñen un bó nivel de comprensión oral.
A alumna de 1º de ESO, Belén Garañana recibiu o 2º premio do "Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo", na categoría de 12 a 14 anos, polo seu relato " O recuncho dos contos perdidos".
Os premios foron entregados na casa consistorial de Lugo e o acto estivo presidido polo alcalde, José López Orozco, a concelleira de Educación, Esther Muñoz e o profesor e membro do xurado, José Manuel Castedo.
Parabéns Belén!
O día vinteoito de novembro, os alumnos de 1º e 2º de ESO realizaron unha viaxe cultural a Ferrol.
A primeira parada que fixemos foi na regasificadora Reganosa, onde en primeiro lugar tiveron unha charla onde lles explicaron o traballo desta planta que almacena e transforma gas natural licuado (GNL).
A continuación fixemos unha visita polos exteriores da planta onde nos foron explicando os diferentes usos dos elementos que a compoñen e os procesos que se seguen neles.

Despois desta visita desprazámonos ao Museo Naval de Ferrol onde tivemos dous guías que nos explicaron o contido das diferentes salas.

E por último, logo do xantar trasladámonos ao centro de Ferrol onde desfrutamos dun paseo polo seu casco histórico.
Hoxe fíxose entrega dos premios do I Concurso de Microrrelatos Escritos "Xirafa Rafa". Este concurso plantexouse na ESO con motivo do "Día das Bibliotecas" do pasado 24 de outubro.
Déronse tres accesits: á portada máis creativa, ao título máis orixinal, ao relato máis inxenioso e un primeiro premio á mellor obra.
Este concurso valora a creatividade literaria e tamén a gráfica.
Desexamos que os nosos alumnos participen nos vindeiros anos con igual interese e orixinalidade.
No blogue de secundaria podedes ver un pequeno video onde aparecen as obras gañadoras.
Hoxe, os alumnos e alumnas de 3º, 4º ,5º e 6º de Educación Primaria asistiron a un obradoiro ofrecido pola asociación ecoloxista ADEGA. Nel, os nenos tiveron que construir a súa propia vila ou cidade tendo en conta os elementos que deben estar presentes nunha localidade ben organizada, e para iso contaron coa axuda de Anxo, o monitor, que lles ensinou un montón de cousas novas e lles fixo ver a importancia do desenvolvemento sostible. Dende aquí, queremos darlle as grazas por facer un traballo tan importante para que as vindeiras xeracións sigan axudando á conservación do contorno.



Hoxe, os alumnos/as de 2º ciclo de EP, realizamos a nosa saída cultural do primeiro trimestre á "Casa do Queixo".
Aprendemos, xogamos, traballamos... e sobre todo, pasámolo xenial!
Mirade, sen perder detalle, todo o que fixemos nesta xornada.