Complementarias

PARTIDO RIBEIRA SACRA CB BREOGÁN

Hoxe, venres 24 de abril, un grupo de alumnos/as do colexio acompañados por profesores e monitores, asistiremos a presenciar o encontro de baloncesto de Play Offs - Fase de ascenso, que disputarán o Ribeira Sacra CB Breogán e o Palencia no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo, a partir das 21:00 horas.

ÁNIMO BREO!!! 

 

VISITA DO CB BREOGÁN

Onte pola mañá recibimos no colexio a visita de dous xogadores do CB Breogán: Álex López e Brandon Edwards.

Durante este tempo que compartimos con eles, os alumnos/as puideron facerlles preguntas, escoitar experiencias dos propios xogadores e finalmente xogaron con eles ao seu deporte favorito: o baloncesto.

Dende o colexio queremos darvos as grazas por adicarnos este tempo e desexarvos o mellor para este emocionante fin de tempada que estades a vivir. 

MOITAS GRAZAS E MOITA SORTE!!! 

 

 

 

Viaxe fin de estudos 4º ESO

Xa de regreso na casa!!!. 

Os profesores que fomos a Londres queremos agradecer aos nosos alumnos o bon comportamento que tiveron ao longo de toda a viaxe e o ben que nolo fixeron pasar.

Grazas a todos!!!

 

 

Viaxe fin de estudos 4º ESO

Os nosos alumnos de 4° da ESO xa están na casa. Alegrámonos de que desfrutaran tanto da súa viaxe e que o regreso fora ben. Serán quen de desconectar o modo vacacións e conectar o modo rutina diaria?.  Comprobarémolo o luns!

 

Viaxe fin de estudos 4º ESO

Viaxe fin de estudos 4º ESO

E os nosos alumnos de 4º seguen coas súas visitas...

Nas seguintes imaxes podémolos ver comendo no Hard Rock e visitando o museo de Historia Natural, ademáis de nunha bonita imaxe onde se pode ver no fondo a Abadía de Westminster e o Big Ben.

E tamén estiveron en Picadilly Circus, a Royal Opera House en Covent Garden e o British Museum.

 

Que envexa!!!.

Seguide pasándoo ben!!! 

 

 

Viaxe fin de estudos 4º ESO

O segundo día da súa viaxe os nosos alumnos puideron pasear por Trafalgar Square, visitar a Abadía de Westminster, ver o Big Ben, así como Buckingham Palace ou a nora de Londres, o London Eye...

 

  

CHARLA DE FÚTBOL SALA


Hoxe pola mañá recibimos a visita de profesionais de fútbol sala no colexio.


Os alumnos/as de 5º e 6º de Ed. Primaria tiveron a sorte de presenciar unha interesante charla sobre os valores no deporte: o esforzo, o traballo en equipo, o compañeirismo..., impartida por un representante da Federación Galega de Fútbol Sala e o Preparador Físico da Selección Galega.


Ao finalizar, con motivo da celebración do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 16 a vindeira fin de semana (18 e 19 de abril) en Sarria, agasallaron aos alumnos/as con entradas para presenciar os encontros.
 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA. 

 

Viaxe fin de estudos 4º ESO

Nas seguintes imaxes podemos ver aos alumnos de 4º da ESO e os seus profesores desfrutando da súa viaxe en Londres. O tempo é extraordinario, esperemos que o siga sendo toda a súa viaxe.

Podemos velos agardando o embarque no aeroporto e a súa chegada ao Aeroporto londinense.

 

  No seu percorrido por Londres no primeiro día puideron ver a Catedral de San Pablo, o rañaceos The Shard, a Ponte da Torre...  

 

Seguiremos agardando novidades das súas vindeiras visitas. 

 

Viaxe fin de estudos a Londres

13/04/2015 - 21:16
18/04/2015 - 23:16
Etc/GMT+1

Hoxe, os alumnos de 4º da ESO, parten rumbo a Londres na excursión de fin de estudos.

Viaxe fin de estudos a Londres


Onte, luns 13 de abril, pola tarde, os nosos alumnos de 4º da ESO partiron rumbo a Londres de viaxe de fin de estudos. Van acompañados polo seu titor e o profesor de inglés.


Esta mañá xa estaban moi cedo en Londres, despois dun pequeno retraso pola néboa. 


Esperamos que desfruten moitísimo da viaxe!!!

 

 

Viaxe a Brighton

Aquí tedes algunhas das fotos que nos van enviando os nosos viaxeiros.

Visita a Brighton

Esta mañá 9 alumnos de 2º e 3º de ESO partiron cara a Gran Bretaña para pasar unha semana na cidade costeira de Brighton. Durante a súa estancia, os alumnos estarán integrados nas actividades lectivas cos alumnos británicos e farán visitas a Londres e outras localidades. Tamén terán tempo de lecer e realizar actividades deportivas.

PARTIDO RIBEIRA SACRA BREOGÁN - FORÇA LLEIDA

Onte pola tarde un grupo de alumnos/as, profesores e monitores, desplazámonos ata Lugo para presenciar o encontro entre o Ribeira Sacra Breogán e o Força Lleida.

Disfrutamos do baloncesto nun partido moi emocionante que rematou coa victoria do Breogán (77-68).

Dende o colexio queremos agradecerlle  ao Ribeira Sacra Breogán que puideramos levar a cabo dita actividade e desexámoslles moita sorte e moitos éxitos máis.


MOITA SORTE E MOITAS GRAZAS POR TODO BREO!!!

 

 


PARTIDO RIBEIRA SACRA CB BREOGÁN

Mañá, sábado 28 de marzo, case un cento de alumnos/as do colexio acompañados por profesores e monitores, asistiremos a presenciar o encontro de baloncesto do Ribeira Sacra CB Breogán e o Força Lleida, que se disputará no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo a partir das 19:15 horas.

 

 

Entroido

Dende o colexio queremos
agradecervos a vosa participación e esforzo para que esta xornada fose
tan especial e divertida. Grazas a todos!!!

 

Excursión de 3º e 4º de ESO ao Pazo de Oca e ao Museo de Historia Natural da USC

Os alumnos de 3º e 4º de ESO, acompañados da profesora de ciencias naturais e os seus titores, visitaron o Pazo de Oca en A Estrada e o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela na capital de Galicia.

Pola mañán visitamos o Pazo de Oca, onde se nos explicou como eran as relacións sociais e económicas na Galicia rexida polas relacións de foros. Tamén poidemos desfrutar da riqueza natural e beleza dos xardíns do pazo, como tamén valorar a importancia artística dun dos mellores exemplos do barroco civil en Galicia.

Pola tarde, despois de tempo para comer e de lecer, visitamos o Museo de Historia Natural, onde a prefesora de ciencias explicounos características das distintas exposicións que contén o museo. Poidemos ver exemplos de bioloxía terrestre e marítima, xeoloxía, fósiles, meteoritos, etc. A visita tivo un gran valor pedagóxico dado o caracter divulgativo do museo.

Ambalas dúas visitas foron moi ben valoradas polos alumnos e os seus profesores.

 

 

 

 

 

"Separemos ben, reciclaremos mellor"

Onte os alumnos de primaria e secundaria, recibiron unha charla sobre como separar correctamente o lixo, para axudar despois ao seu reciclaxe.

Esta charla desenvólvese dentro do programa de Sogama "Separemos ben, reciclaremos mellor", no que está participando o colexio. Con ela, inténtase concienciar á xente do importante que é depositar o lixo nos colectores axeitados.

Charla Garda Civil


Hoxe os alumnos de 5º e 6º de EP recibiron unha charla sobre "Perigos de internet e ciberacoso" por parte dun membro da unidade de delitos telemáticos da Garda Civil, onde lles informou dos riscos que corren dende o momento en que comezan a conectarse e ademáis recibiron información e consellos para saber detectar e actuar ante un caso de acoso escolar. 


Por outra banda os alumnos da ESO recibiron unha charla sobre "Drogas e alcohol", a cargo dun membro da Garda Civil. Éste explicoulles os danos que podía causar o inicio do consumo de calquera tipo de droga a idades tempranas e como lles ía a afectar segundo a cantidade que tomasen, o tipo de droga e a frecuencia. Viron algún exemplo de casos reais de como o alcohol fai estragos no fisico e tamén explicou cales eran os principais danos psicolóxicos.


Foron unhas charlas moi instructivas nas que os alumnos estiveron moi atentos e ao rematar fixeron preguntas moi interesantes.

 

 

Magosto

Hoxe os alumnos de Primaria e Secundaria celebramos o Magosto. Foi unha xornada moi divertida onde compartimos risas, xogos e como non...castañas!!!

A continuación podedes ver unhas imaxes deste fantástico día. Se queredes ver máis visitade os blogs nas vindeiras xornadas.

 

Distribuir contido