O pasado 25 de outubro, os alumnos de secundaria acompañados dos seus profesores, celebraron o magosto.
O lugar elixido foi o "Campo da feira".
O tempo acompañounos case toda a xornada e pásamolo moi ben asando iscos, chourizos e castañas.
Aí tendes as fotos desta festa tan divertida!!!





Os alumnos de 3º e 4º de ESO levaron a cabo unha visita didáctica a Misión Biolóxica de Galicia, dependente do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas). Posteriormente visitaron varias seccións do Museo de Pontevedra. 

Hoxe, un grupo de rapaces e rapazas da asociación "Peleriños" de Sarria, visitaron ós alumnos de Educación Primaria para animalos a participar nun curso gratuito que ofrecen durante catro días do mes de xullo pola tarde, no que a través do xogo aprenderán bailes tradicionais. Primeiro fixeron unha pequena exhibición e logo invitaron a todos a bailar con eles, o que resultou moi divertido.
Así que animádevos e acompañade a estes rapaces que están a facer un traballo tan bonito como o de manter vivas as nosas tradicións.
Hoxe celébrase o día do medioambiente.
Se queres saber cal é a pegada que estás deixando no planeta coas túas actividades cotiás preme no seguinte enlace:
DÍA DA BICICLETA NO COLEXIO DA ASUNCIÓN
O día 31 de maio, o Colexio da Asunción celebrou o ”Día da bicicleta”.
Os alumnos de Educación Infantil realizaron esta actividade no recinto escolar.
Resultou unha xornada enriquecedora e moi positiva.
Como podedes observar nas seguintes fotos!!!




Celebramos as letras galegas con música e bailes.






Hoxe é o último día dos encontros deportivos. Os partidos que xogamos foron os seguintes:
Sarria - Obispo Perello

Sarria - Santa Isabel

A verdade é que o pasamos tan ben que nos custou un pouco subir no bus para voltar!!!
Hoxe os nosos alumnos competiron contra os seguintes centros:
Ponferrada - Sarria

La Paloma - Sarria


Esperamos que desfrutaran moito nestes partidos!!!
As noticias que nos chegan son que o están pasando moi ben e coñecendo a moitos compañeiros!!!
Os días 18 e 25 de abril, axentes do Servicio de Protección da Natureza da Garda Civil viñeron ó centro para informar ós alumnos/as sobre a historia, funcións e diferentes grupos deste corpo. As charlas foron moi interesantes e estiveron adaptadas ás distintas idades, polo que todos os nenos/as, dende os tres anos ata 4º da ESO puideron aprender un pouco máis sobre este interesante tema.
Hoxe remata a nosa viaxe con esta foto de despedida diante do centro da Asunción de Saint Gervais.
Aprendemos moito e pasámolo moi ben!
6º DÍA: VISITA A CHAMONIX E DEPORTE POLA TARDE
O venres pola mañá, dirixímonos a Chamonix, para visitar esta fermosa vila e tendo como obxectivo ver o pico máis alto de Europa.

Despois das explicacions da nosa guía houbo tempo para compras.
Ao acabar de xantar,
voltamos a Saint Gervais, para reunirnos cos alumnos franceses nunha tarde deportiva.
Non puidemos facer
fotos, pola Lei de protección de datos.

Despois da cea, nunha sala do colexio, levouse a cabo a sesión de “Disco” na que tamén participaron os alumnos do centro francés.
Nesta festa, fomentáronse as relacións e as amizades entre os alumnos dos tres centros educativos da Asunción: Saint Gervais, Ponferrada e Sarria.

Mañá será o día da despedida!
Hoxe os nosos alumnos de 4º da ESO e os seus profesores seguen percorrendo as rúas de Sevilla.
Na seguinte imaxe podémolos ver, ou máis ben distinguir, na Praza de España. A Praza de España de Sevilla constitúe un conxunto arquitectónico encadrado no Parque de María Luisa, configura un dos espazos máis espectaculares da arquitectura rexionalista.

Construíuse como edificio principal da Exposición Iberoamericana de Sevilla de 1929 e nos seus bancos aparecen representadas todas as provincias de España, así como os bustos de españois ilustres nos seus muros.
Esta gran praza está rodeada por unha canle acuática e xusto no centro ten unha fonte danzarína que debuxa cos seus chorros de auga fermosos arcos e diagonais que hipnotizan o visitante que se senta a gozar do espectáculo. E ahí podemos ver aos nosos alumnos desfrutando da auga neste día de tanta calor na cidade. Que envexa!!!

Unha curiosidade...A praza de España foi utilizada como escenario dalgunhas películas coñecidas, entre elas:
Na película Lawrence de Arabia, a praza representaba o cuartel xeral do Exército británico no Cairo.
Na película Star Wars Episodio II: O Ataque dos Clons da saga da Guerra das Galaxias, a praza representa o planeta Naboo, aínda que o escenario da filmación foi modificado dixitalmente.
Na película El Dictador, de Sacha Baron Cohen, estrenada en 2012, sendo esta a mansión do ditador modificada digitalmente.
Na película El Viento y el León, protagonizada por Sean Connery, aparece mentres unhas tropas desfilan.
5º DÍA: CLASE DE FRANCÉS E PATINAXE SOBRE XEO
Hoxe, houbo clase e dividíronnos en dous grupos para traballar con alumnos franceses. Gustounos moito esta actividade!

Tamén aproveitamos que os alumnos franceses estean no recreo, que teñen máis ca nós, para comunicarnos con eles.
Despois de xantar, dirixímonos ao pavillon de xeo para patinar. Axiña perdemos o medo e botámonos à pista. Houbo algunha caída, pero sen problema.
A nosa profesora, ao pé de pista, encargouse de facer a reportaxe fotográfica, para amosarvos os nosos progresos.
Ao acabar esta actividade, un grupo quedámonos no pavillón para ver un partido de “ Hockey”. Como xogaban! Outro grupo preferiu seguir facendo turismo polo pobo.
Despois da cea, unha

pequena representación teatral preparada por nós coa axuda dos monitores.
Tamén houbo tempo de lecer antes de durmir!

Mañá haberá máis novas!
Podedes seguir as súas andanzas diarias no apartado "Apartado Extraescolares"
Os nosos alumnos xa están en Sevilla.
A súa primeira parada foi na "Torre del Oro".
A Torre do Ouro de Sevilla, é unha torre militar albarrana (é dicir, separada do conxunto das murallas), pero unido a elas por un muro tendido ata a chamada Torre da Prata, pechando e protexendo así a zona do Areal. Parece ser que debe o seu nome ao seu primitivo recubrimento de azulexos con reflexos dourados. Actualmente é sede do Museo Naval de Sevilla. A torre está situada na marxe esquerda do río Guadalquivir.
Este río podémolo ver na seguinte foto que nos mandan.
E esta outra é de cando chegaron á Catedral de Sevilla.
Lembrade que podedes seguir a súas andanzas diarias no apartado "Actividades Extraescolares".
4º DÍA: CLASE POLA MAÑÁ E SENDEIRISMO POLA TARDE
Onte mércores, tocou clase pola mañá. As profesoras e monitoras francesas soamente falan francés. Nin

unha palabra en castelán.
Cada día entendemos máis e non nos deixan nin preguntar nin contestar en español. Estamos progresando moito.
Cando saímos à rúa, ao ver os carteis escritos, entendémolo todo.
Pola tarde fixemos unha rota de sendeirismo.

A paisaxe era fermosísima, pero subir as costas facíase
nos un pouco duro para algúns. Chegamos
ao colexio cansos, pois estivemos máis de tres horas camiñando.

Despois de cear, proxectáronnos unha película en francés.
Outras novas mañá!
Lembrade que podedes seguir as nosas andanzas na páxina de “Actividades Extraescolares”


.
Hoxe os alumnos de 4º da ESO estiveron visitando a Alhambra e o casco histórico de Granada.

A Alhambra é unha cidade amurallada (medina) que ocupa a maior parte do cerro de "La Sabika". A Granada musulmana tiña o seu propio sistema de amurallamento, polo que a Alhambra podía funcionar con autonomía respeto a cidade. Na Alhambra encontrábanse todos os servicios propios e necesarios para a poboación que alí vivía: palacio real, mezquitas, escolas, talleres, etc.

A Alhambra foi cidade palatina, Casa Real Cristiana, Capitanía Xeral do Reino de Granada e fortaleza militar ata a súa declaración como Monumento en 1870.

Coñecedes a todos os das fotos???
Lembrade que podedes ver as súas andanzas diarias no apartado "Actividades Extraescolares"
3º DÍA: VISITAMOS AMENCY, A PEQUENA VENECIA
Hoxe, os alumnos e a profesora que estamos participando na actividade: “Voir la France”, visitamos Amency, coñecida como a pequena Venecia, xa que as canles de auga discorren por entre a cidade.
Ao longo da mañá, acompañados por unha guía francesa percorremos o casco histórico desta fermosa cidade, para coñecer as súas canles,as casas pintadas de cores, o mercado, os seus monumentos e a zona
comercial da cidade.
Á hora do xantar, tivemos que recollernos nun centro comercial, pois en toda a mañá non parou de chover.
Despois do tempo libre e de compras, voltamos ao colexio para continuar coas actividades de grupo.
Mañá haberá outras novas!
Ademáis podedes ir vendo as nosas andanzas diarias no apartado “Actividades Extraescolares”.
Os nosos alumnos xa están repoñendo forzas para comezar un novo día!!!
Hoxe visitarán a Alhambra e o casco antigo de Granada!!!
Pasádeo ben!!!
Lembrade que podedes seguir esta viaxe día a día no apartado de "Actividades Extraescolares"