Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Editorial

Editorial

Pagina nueva 1

 

            Aquí está, un ano máis, a revista do instituto. Desde o equipo de normalización lingüística, queremos dar as grazas a todos aqueles/as sen os cales sería moi difícil levar á práctica inciativas coma esta. Por iso, agradecemos o labor de apoio e asesoramento da Consellería de Educación, do Concello de Fene, da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingúística, do CCDR de Perlío, de Falcatruada (é a empresa que nos axuda co festival musical) e de Aduaneiros sem Fronteiras (que nos ceden os deseños da súa web).

 

            Este ano, os responsables da revista decidimos que o traballo debía ser pagado, aínda que fora dun xeito simbólico, xa que temos comprobado, noutras cousas que facemos, que o que é gratis non se valora. E non hai que esquecer que para elaborar este humilde revista foi preciso o esforzo de moitas/os dos vosos compañeiras/os que, cando menos, merecen a recompesa do voso respecto.

 

            Por esa razón, valoramos que é positivo poñerlle a esta tirada un prezo simbólico e, de paso, colaborar cunha causa de xustiza social, xa que os cartos recadados serán entregados á Cociña Económica de Ferrol, como un acto máis de solidariedade desta comunidade educativa.

 

            Por último, só nos resta lembrar que non pretendemos poñer todas as actividades que se fixeron no instituto. Se queredes obter máis información visitade a nosa web (www.iesdefene.org)

 

            Agardamos que vos guste.