Pagina nueva 1
Ímoslle facer unha entrevista a Tamara Souto, alumna do IES de
Fene (Barallobre), matriculada no ciclo medio de Electromecánica de Vehículos.
Contaranos como leva o traballo en medio de tantos homes, sendo ela a única
muller.
- Sabías que
neste ciclo medio de Automoción, normalmente só se matriculan homes. Como te
decidiches a matricularte neste ciclo?
T.- Porque me
gustan os coches, a mecánica, antes que perruquería, estética e esas cousas.
- Como te
sentiches o primeiro día de clase, en medio de tantos homes?
T.- Coma un
polbo nun garaxe, raro como me miraban.
- Algunha vez te
trataron con desprezo, machismo ou discriminación?
T.- Non, mais
ben ao contrario.
- Notas algún
favoritismo con algún profesor por ser a única rapaza?
T.- Non, o único
favoritismo que teño é que eu teño auga quente e eles non.
- Que che
dixeron na túa familia ou os teus amigos cando lles contaches que ías estudar
isto?
T.- Ao principio
tomáronme de cachondeo, pero logo tomáronon ben, aínda que me dicían que estaba
un pouco louca, e esas cousas.
- Gustaríanos
que agora nos contaras un pouco como é unha mañá traballando no taller.
Arregrades todo tipo de avarías nun coche, ou ensínanvos algo en especial?
T.- Primeiro
danos clase teórica, e logo practicámolo no taller.
- Cal che gusta
máis, a clase teórica ou a práctica?
T.- É máis
entretida a práctica, pero dáseme mellor a teórica porque na práctica necesítase
forza e eu non a teño.
- Poderíasnos
contar algunha anécdota que che sucedera estando no taller?
T.- Non, porque
me dá vergoña. Houbo pequenos detalles, sen importancia.
- Sabemos que
vas comezar as prácticas nunha empresa. Estás nervosa por empezar ou xa che
tarda para rematar este ciclo?
T.- Non, nervosa
non estou, porque ademais, aínda non sei se vou aprobar, ou sexa, que aínda non
é fixo que vaia ás prácticas. (Cando se publique esta entrevista, Tamara está
nunha empresa).
- Desexas
empezar a traballar axiña?
T.- Non, vou
seguir estudando o ciclo superior de Automoción.
- No futuro, que
tes pensado: traballar disto ou especializarte noutra cousa?
T.- Estou
estudando para traballar nisto, non para traballar noutra cousa.
Desexámosche que teñas moita sorte e que as prácticas che vaian
ben. Un saúdo e grazas por atendernos.
Tania Sardiña e Lucía López. ESPA.

|