Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Un famoso no instituto?

Un famoso no instituto?

Pagina nueva 1

Pois sí, é certo, polo noso instituto pasou un famoso actor galego: Manuel Lozano.

 

¿Non vos soa? ¿E se vos digo que é o protagonista da “Lingua das Bolboretas”?

 

 

Agora sí que vos soa, ¿verdade? Posiblemente non sexa tan famoso como Fernando Tejero, pero este actor de tan só quince anos xa traballou con moitos dos grandes do cine español. E iso que a súa vocación chegou de casualidade cando lle fixeron un casting na súa escola aos oito anos, gracias o cal acabou interpretando un dos papeis principais, xunto Fernando Fernán Gómez e Tamar Novas (Goya actor revelación deste ano) en “A lingua das bolboretas” de José Luís Cuerda, gran director español e “descubridor” do recentemente oscarizado Alejandro Amenábar.

           

Así comezou a súa carreira, sen tan sequera buscalo e sen coñecer  o seu grande talento. Pero aí non queda  a cousa porque logo traballou baixo o mando de Garci en “You´re the one”, “Historia de un beso” e “Tiovivo 1950”. Tamén traballou con Toni Cantó en “Eres mi héroe” de Antonio Cuadri (director de “Al salir de clase”) , compartiu pantalla con Carmelo Gómez e Icíar Bollaín na película de medo “Nos miran”, algunhas colaboracións en series . . . . . .

         

Agora que xa sabedes un pouquiño máis sobre a filmografía de Manuel Lozano, é hora de farlarvos da entrevista na que comezou falando dos seus comezos no cine e algunhas trasnadas que parecen obra dos mesmos Zipi e Zape. Comentou que traballar con Fernando Fernán Gómez non é tan duro como todos pensan e que non ten tan mal carácter e ademais confesounos que lle gusta máis o mundo do cine que o da televisión porque na TV se fan as cousas demasiado rápido e sen pararse demasiado na calidade das intepretacións.

 

Estos son algúns dos temas que Manuel Lozano tratou na súa visita ó centro, e, ¿quen sabe? ao mellor dentro duns anos acaba gañando un Goya, un Oscar, unBafta ou outro premio importante e nós  poderemos con orgullo comentar que estivo no noso instituto, que nos firmou un autógrafo, que posou con nós nunha foto. . . . . . . . .  ¿quen sabe?

 

                                                              Tania Fernández Turnes, 4º A