 |
“De onde es?
Do mundo son!
E ti quen es?
Humano son!”
|
Lamatumbá homenaxeando a
Los Suaves |
A estrofa de Os Ghamberros resume a filosofía dos que
organizamos a edición fenesa do Festival “A mocidade
coa língua”. Desde o ano pasado, e coa axuda do concello, levamos adiante un
concerto con grupos musicais con alumnos do instituto e unha formación de
certa sona. Daquela contamos con Mundo Paté, Deeppain, Último Xiro e o
colectivo de hip-hop “Dios ke te krew” cos seus rapeiros de Os Ghamberros, os
breakers Playmobil Kids e os grafiteiros de Cousas Novas. Foi música nacida en
Broocklin e interpretada en galego por rapaces de Ordes. Unha maneira de
berrar que estamos no mundo porque tamén falamos en galego.
 |
Mítica
actuación de Último Xiro enn Tribu (Ares) |
Este curso actuaron cinco grupos do instituto -Deeppain,
Último Xiro, Rockicide, Madnoise e Plug in Babies- e os veteranos de Lamatumbá.
Lamatumbá é un grupo ourensán que fai, en clave de rock, música para bailar,
música de festa. Actuaron nas pistas do CCDR de Perlío (a eles infinitas
grazas polo préstamo) e trouxéronos os sons da samba do Brasil, dun circo
cíngaro, dunha verbena de agosto....Cantan sobre todo en galego, pero tamén en
italiano, español, inglés, portugués,... Cantan directamente ao noso corazón
porque aquilo foi todo festa ou mellor como din eles: Lumeeeeee!
Vémonos na edición do ano que vén.
 |
 |
Deeppain en pose formal e
educada |
As criaturas de Rockicide
(Xa sabemos que non se ve nada, pero a eles facialles
ilusión saír na revista) |