Pagina nueva 1

Que é para ti o entroido?
-Unha carallada
(Varios).
-O entroido é
unha festa na que se celebra algo que non sei que é (Óscar D.Leandro Freire).
-É unha festa
tola enloquecida (David Seijo, 1º ESO B).
-Unha festa na
que non hai clase e cómese coma burros (Diego González, 1º ESO B).
-Algo que me
entrou no oído e é moi doloroso (Javier Feal, 2º ESO A).
-Unha festa onde
os pallasos se visten de persoas (Delia Loureiro, 2º ESO A).
-Unha festa
cando non hai clase e cómese a estoupar (Adrián Varela, 1º ESO B).
-Xente que se
disfraza do que é (Lara Cutrín, 2º ESO B).
-Un tempo no que
andas sen maquillaxe e a xente non se asusta (Óscar Seijo e Brian Martínez, 2º
ESO A).
-Tempo de comer
orellas e engordar (Lucas Fernández, 2º ESO A).
-E o tempo no
que os rapaces e maiores fan o tolo por igual (María Conde, 1º ESO A).
-Unha revisión
médica do oído (Enrique Sanfiz, 1º ESO A).
-Entrar no oído
(Aida Loira e Aine Corral, 1º ESO A).
-Cando á xente
non lle fai falla poñer a careta (Celeste López, 1º ESO A).
-Unha festa
inventada polas tendas de disfraces (Ludovic Calvo, 1º ESO B).
-Unha festa
divertida na que non se vai a clase porque senón os profes acabarían coa cabeza
chea de escuma (Tamara Santamariña, 1º ESO B).
Por que nos disfrazamos nesta época do ano?
-Porque queda
moi bonito (Marta Pereiro, 1º ESO B).
-Porque nos dá a
gana (Andrés Domínguez, 1º ESO B e Gemma Antón, 1º ESO A).
-Para darlle
medo aos nenos pequenos e que vaian durmir cos pais (Aine Corral, 1º ESO A).
-Porque os
humanos somos tan feos que temos que ter algún momento do ano para disfrazarnos
(Aida Loira, 1º ESO A).
-Porque en
Galicia somos moi festeiros (Enrique Sanfiz, 1º ESO A).
-Para facelo
diferente e rirnos un anaco (María Conde, 1º ESO A).
-Para poder
vernos no espello (Cristian Díaz, 1º ESO A).
-Para espantar
ás mozas feas (Lucas Fernández, 2º ESO A).
-Para aparentar
que somos menos feos (Óscar Seijo e Brian Martínez, 2º ESO A).
-Porque estamos
borrachos e non sabemos o que facemos (Brais Rodríguez, 2º ESO B).
-Para parecer
parvos (Samuel Anca, 2º ESO B).
-Porque no verán
estamos moi ocupados indo á praia (Javier Feal, 2º ESO A).
-Porque hai anos
as bruxas ían roubar aos nenos e un día déronlles caramelos en vez de nenos e
dende aquela foi así (Óscar D. Leandro Freire).
-Por dar a nota
(Anónimo).
-Porque ao
engordar tanto non se quere recoñecer á xente (Marta Yánez, 1º ESO A).
Que se soe comer no entroido?
-Un plato de
bicarbonato (Andrés Domínguez, 1º ESO B).
-Torradas, non,
perdón, turrados (Javier Feal, 2º ESO A).
-Menos xamón, de
todo (Samuel Anca, 2º ESO B).
-Patas fritidas
e un bo anaco de bisté (Brian Martínez, 2º ESO A).
-Orellas que son
o que máis medra (Óscar Seijo, 2º ESO A).
-A túa moza
(Lucas Fernández, 2º ESO A).
-Orella de neno
(Cristian Díaz, 1º ESO A).
-Pan con nocilla
e sandía con iogur (Tamara Santamariña, 1º ESO B).
-As orellas dos
teus amigos (Pablo Filgueira, 1º ESO B).
-Oídos de masa
con mocos (Inés López, 1º ESO B).
-Pavo (Brais
Otero, 1º ESO A).
-Rosco de reis
(Lorena González, 2º ESO A).
-As túas orellas
(Cristian Calvo, 2º ESO A).
-Porcalladas das
que comen os cativos (Judith González, 2º ESO A).
-Coiro (Sabela,
2º ESO B).
-Oídos e
firilloas (Delia Loureiro, 2º ESO B).
-Cómese cocido e
caldo abofé (Diego González, 1º ESO B).
-Canapés e
turrón (Verónica, 1º ESO B).
-Un bocadillo de
nocilla (X. Miguel Novo, 1º ESO B).
-Un bo plato de
navizas (David Seijo, 1º ESO B).
-Filloas, jrelos,
cocido, orellas, queimada… (Anónimo).
-O que che entre
pola boca (Anónimo).
-Freixós,
rosquillas, orellas, … ¡¡¡¡Eh, devólveme a miña orella!!!! (Anónimo).
-Cousas con
moitas calorías que dan cagarrías (Anónimo).
Por que se escriben testamentos e se queima o meco?
-Porque así as
patacas nacen mellor o resto do ano (Lorena González, 2º ESO A).
-Para abrigarnos
do frío (Óscar Seijo, 2º ESO A).
-Porque non se
nos ocorre nada melor que facer (Tamara Santamariña, 1º ESO B).
-Eu que sei!,
por facer algo (Judith González, 2º ESO A).
-Para espantar
os espíritus malignos (Óscar D. Leandro Freire).
-Porque é o
tempo no que a xente pode xulgar (María Conde, 1º ESO A).
-Escríbense os
testamentos para terminar a tinta dos bolígrafos e quéimase o meco para deixar
máis espacio (Aine Corral, 1º ESO A).
-Para correr o
frío e tamén porque os profes por facer calquera cousa, fan o que queren por non
aguantarnos (Anónimo).
-Porque lle
morreu o home á viúva e o meco fai de marido (Garantía Soldadura).
-Por botarlle as
culpas alguén (Marta Yánez, 1º ESO A).
-Para darlle
traballo aos bombeiros (Anónimo).
-Para facer
traballar aos alumnos e quentar aos profesores (Adrián Varela, 1º ESO B).
-Para quentarse
(Celeste, 1º ESO A).
-Para axudar a
destruir a capa de ozono (Ludovic Calvo, 1º ESO B e Brais Otero, 1º ESO A).
-Para que o ano
que vén non nos teñamos que volver a disfrazar (Delia Loureiro, 2º ESO B).
-Para que non
morra sen as súas últimas vontades (Lucas Fernández, 2º ESO A).
-Para abrigarnos
do frío (Brian Martínez, 2º ESO A).
Castelao tamén opinou sobre respostolas e
preguntolas….

- ¿Por qué non qués ir á
escola, rapaz?
- Porque... porque sempre me preguntan o que non sei.
|