O 16 de marzo, os de 4º de ESO e 2º de Bacharelato, saímos de
excursión ás Pontes.
En primeiro lugar, fomos visitar a central.
Acompañados dunha guía, entramos nunha sala onde vimos a maqueta da central
térmica e nos explicou como funcionaba, mediante turbinas. Saímos a ver as
instalacións provistos cuns cascos, acercámonos ás chemineas e entramos nas
salas de mando. Chamounos a atención a calor que ía e a cantidade de máquinas
que alí había. Falamos cun traballador que se encarregaba de vixiar que todo
estivera en orde e non houbera ningún fallo, respecto á temperatura do vapor da
auga... Explicounos en que consistía o seu traballo e informounos sobre a
cantidade de enerxía que ofrecía a central na actualidade.
A guía comentounos que o lignito galego é de moi
baixa calidade, resulta moi caro. O lignito galego mestúrase con hulla que é
importada doutros países (Estados Unidos e Indonesia), aínda que se transporta
en barcos, é mercada a menor prezo.
Finalmente leváronnos a ver as minas de carbón que
ocupaban unha gran cantidade de terreo. Cando se esgote o xacemento, ENDESA
volverá a recuperalo plantando árbores e deixando medrar á Natureza.
Informáronos que as minas ían pechar dentro duns poucos anos. A FEG (Federación
Ecoloxista Galega) conseguiu reducir o nivel de CO2 que emitían as
térmicas galegas, As Pontes e Meirama, xa que deterioraban moito o medio
ambiente. Teñen que facer algunhas reformas para cumprir coas normas do
Protocolo de Quioto.
Para rematar, fomos ata a serra da Faladoira a ver o
funcionamento dun aeroxerador. Puidemos pasar a velo por dentro. Os
aeroxeradores son uns aparatos duns 20 metros, aínda que os hai de diferentes
modelos e tamaños. Serven para producir enerxía eólica. Colócanse en zonas altas
onde haxa moito vento. Teñen unhas grandes aspas que ao moverse poñen en
funcionamento as turbinas que xeran a enerxía. Preto destes parques hai unha
subestación onde se comproba o rendemento e o funcionamento das máquinas.
Dirixímonos ata ela. Foi o último destino desa mañá. Alí un técnico ensinounos
os ordenadores desde os que se manexan os aeroxeradores. Puiden ver que tiñan
máis de 400 en funcionamento, xa que o día era favorable. Puidemos comprobar
que os ordenadores estaban moi modernizados e case non facía
falta moito traballo para averiguar os problemas que podían ter. O técnico dixo
que un dos lugares máis importantes do mundo para a enerxía eólica era Galicia.
Así concluíu a nosa excursión na que aprendimos e á
vez o pasamos moi bn.
Elvira Rodríguez Rodríguez 4º ESO
|