Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Baloncesto no IES de Fene

Baloncesto no IES de Fene

Pagina nueva 3

Neste curso 2004/2005, tivo lugar no centro un campionato de baloncesto iniciado por seis equipos ("Chupito Gay", "Electrónicos", "Fariña Team", "Inter", "Os catro de sempre" e "Bone Breakers").

O evento comezou cunha primeira fase de quince partidos na que todos os participantes se viron as caras e na que comenzaron a levantarse as cabezas do "Inter", "Chupito Gay" e "Fariña Team", dándose a entender como os posibles favoritos. Non obstante, cabe destacar o esforzo de "Os catro de sempre" por intentar facerse un nome entre os demais equipos para a seguiente ronda, aínda que finalmente resultase en van xa que só nun dos cinco partidos que disputaron nesta fase terminou en vitoria ao seu favor. "Fariña Team" proclamouse vencedor absoluto nesta fase, ao facerse con todos os partidos desta primeira ronda despois dun igualado 26/24 contra "Chupito Gay".

Gustaríame destacar que nun intervalo meridiano desta parte do campionato, un servidor (membro de "Chupito Gay"), sufriu unha baixa para o resto desta liga a causa dun accidente.

Pasamos aos cuartos de final cos favoritos en cabeza e á cola, xa que ao terminar os mesmos sairon vencedores os tres ("Chupito Gay", "Fariña Team" e "Inter"). Os demais equipos accederon a unha repesca na que "Equipos electrónicos" conseguiu pasar a una semifinal na que pasaron á final "Chupito Gay" e "Fariña Team" vencendo o primeiro destes nun axustado 19/17.

 

Ademais poderíamos destacar como MVP del campionato a Roberto Otero Beltrán pola súa gran actuación durante todo o evento.

 

Jorge Martínez Vázquez

 

 

Os resultados da segunda fase foron estes:

CUARTOS DE FINAL (xaneiro) 

ELIMINATORIAS

 

RESUL

TADOS

CLASIFICADOS

 

A

 

FARIÑA TEAM  / BOONE BREAKERS

 

 

22 - 2

 

FARIÑA TEAM

 

B

 

CHUPITO GAY  / OS CATRO DE SEMPRE

 

 

32 / 19

 

CHUPITO GAY

 

C

 

INTER / EQUIPOS ELECTRÓNICOS

 

 

28 / 12

 

INTER

 

Para completar as semifinais, tivemos unha fase de REPESCA, con estes resultados:

 

 

BOONE BREAKERS /EQUIPOS ELECTRÓNICOS

 

 

11 / 14

 

EQUIPOS ELECTRÓNICOS

 

 OS CATRO DE SEMPRE /EQUIPOS ELECTRÓNICOS

 

15 / 24

 

EQUIPOS ELECTRÓNICOS

 

 

E chegamos ás SEMIFINAIS:

 

 

FARIÑA TEAM / INTER

 

 

16 / 19

 

INTER

 

CHUPITO GAY / EQUIPOS ELE.

 

 

24 / 12

 

CHUPITO GAY

 

POR FIN, A GRAN FINAL:

 

 

INTER /  CHUPITO GAY

 

 

17 / 19

CAMPIÓN:

CHUPITO GAY

 

 

 

 

Ma-cha-can-doooo!!!