Pagina nueva 1
Situación
I: escenario baleiro, fondo negro, luces tenues. Entran dúas personaxes desde os
dous laterais. Achéganse ó centro e aproxímanse ó borde. O teatro está cheo de
persoas.
A: Míraos, obsérvannos coma
se isto fose unha obra teatral. Están pendentes das nosas palabras e dos nosos
movementos.
B: Pásannos o escáner.
Decátaste? Creo que xa non podo ocultar que me costa respirar.
A: Hai algo que non
entendo. Eles son os actores e están no escenario e nós somos o público. Por que
están sentados nas súas cadeiras? por que están parados? Que esperan para
empezar a actuar?
B: Debe ser unha obra
moderna. Deben querer que nós, o público, reflexionemos sobre o seu silencio. É
imposible non ter esta estrana sensación de perturbación.
A: E se somos nós os
actores e isto é o escenario?
Situación
II: un pintor moderno pinta o teatro coas súas butacas cheas de público/actores
e os dous actores/público. O lienzo está cuberto de pintiñas de pintura de cor
amarela que destacan sobre un fondo malva. Tanto os actores como o público
interpretan ó pintor.
Pintor: Non procuredes
explicacións. A arte non as precisa. Sen embargo podedes augurar o futuro. Está
nas gotiñas de pintura.
Actores e público / público e Actores:
GOOOOOL!
Situación
III: o teatro é un gran ordenador. O escenario é un xigantesco lector de
deuvedés que incorpora cada vez que se abre e que se pecha a un inmenso número
de actores. O público abarrota o interior do ordenador.
Os actores
están cada un enchufados ó seu MP3. Canturrean.
O público le
pasaxes do Quixote, de Ana Karenina, do Lobo Estepario, de Hamlet.
Fóra do
teatro/ordenador, un poeta vestido de buzo azul recita.
Cen
mil persoas gritan: CULTURA!
José Manuel Mouriz Cabalo
Director do IES de Fene
|