Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Os museos científicos coruñeses

Os museos científicos coruñeses

Pagina nueva 1

 

            O martes 22 de febreiro, os alumnos de 2º e 4º de ESO fixemos unha saída á Coruña aos Museos Científicos Coruñeses (mc2), é dicir, a Casa dos Peixes, a Domus e a  Casa das Ciencias.

            Saímos do instituto, en autobús, ás nove. Na viaxe pasámolo moi ben porque a xente foi cantando, facendo fotos e un montón de cousas máis.

           

 Ao chegar alí, fomos directamente á Casa dos Peixes, onde nada máis entrar xa nos puxeron un vídeo sobre os fondos mariños de Galicia. No acuario estivemos bastante tempo porque había bastante cousas que mirar: os tiburóns da sala Nautilus, os polbos, as focas,... Ao saír, moita xente comprou cousas na tenda que ensinaron ao entrar ao bus para ir á Domus.

 

            Na Domus, a Casa do Home, xantamos e rapidamente pasamos á sala Humbolt a ver, en formato Imax, unha interesante película de golfiños, que trataba da súa vida e comportamento. Despois os profes deixáronos hora e media para ver as cousas que estaban expostas. A maioría moi interesantes, pero outras daban un pouco de noxo. En fin ese foi case o mellor sitio que visitamos.

            Pasado un tempo fomos á Casa das Ciencias, onde está o planetario, e vimos nacer dous pitos, cousa que a todos lles emocionou. Aparte disto vimos máis cousas antes de subir ao planetario onde parecía que era de noite e que estábamos baixo o mellor dos ceos.

            Despois de todo isto, volvemos para o instituto onde acabou todo.

            En definitiva, esta foi unha boa excursión que, se por min fora, volvería a facer.

 

A.V.L.  4º ESO