Pagina nueva 1
Iria está estudando o ciclo medio de soldadura e caldeireiría
no IES de Fene, leva dous anos neste ciclo e vai iniciar as prácticas nunha
empresa. Falamos con ela para saber cal é a súa experiencia nun traballo
chamado “de homes”.
-
Bos días
Iria.
-
Bos días.
-
Como decidiches entrar neste ciclo?
-
Pois non o sei.
-
Sénteste desprazada por ser a única muller na clase?
-
Non, para nada. Ao contrario, os homes non sei, as mulleres igual se
vemos un tío así medio burro xa pasamos del, pero eles eu penso que non, sempre
hai algún que vai decir “bueno, mira imos axudarlle”, porque temos menos forza
para facer algunhas historias e sempre che axudan. Moitas veces teño que dicir
“ehh, ven aquí!”
-
Tómante como unha máis?
-
Si
-
Que sentiches o primeiro día de clase?
-
Pois un pouco de medo, pero pouco a pouco pasou. Ademais xa coñecía
algúns mozos: Piru, Marquitos,...Non sei, parece que dixen, non sei que facer
coa miña vida. Estaba tonteando e pensei, non quero seguir estudando, nin ir á
universidade, así que vou facer o que sempre me gustou con meu pai e meu irmán.
Estar sentada co ordenador e iso, a min non me vai.
-
Entón, gústache o que fas?
-
Si
-
Que facedes no ciclo?
-
Son dúas partes, soldadura e caldeireiría. En soldadura soldamos cos
electrodos, co soplete, coa radial, comezamos a limar....Isto foi o que menos me
gustou. Foi un ano seguido aí facendo pezas a milímetro.
-
Paréceche máis dificil por ser muller?
-
Para caldeireiría si porque tes que facer forza, pero para soldar non.
-
Que opinou a túa familia que quixeras facer un traballo “de homes”?
-
A miña nai díxome “nena, fai o que queiras”. Os demais...”e logo como se
che deu por iso” e non sei que. E eu “deixádeme en paz” é a miña vida. Se ti
queres, ninguén ten porque decirche nada é como a canción “no importa lo que
digan por ahí”.
-
Onde farás as prácticas de empresa?
-
En talleres Galicia.
-
Ves o teu futuro adicándote a isto?
-
Non sei porque me fastidian moito os fumes. Quizás estude outra cousa.
Non sei.
-
E despois das prácticas, que?
-
Se podo traballar, traballarei.
-
Ben Iria, moitas grazas polo teu tempo, foi un pracer. Ata pronto.
-
Nada, un pracer. Ata loguiño.
Adrián Permuy e Tamara Sanmartín. ESPA
|