Pagina nueva 1
Daniel Bellón, fórmase como
gaiteiro no seo da Banda de Gaitas
“Airiños de Fene” (que participa
recentemente no Festival de Lorient,
1999 e 2001) e está en posesión de
Numerosos premios como gaiteiro
solista entre os que cabe destacar o
“Constantino Bellón”, o concurso de
gaiteiros solistas máis prestixioso de
cantos se celebran en Galicia, no que
se alzou como gañador na última
edición.
Do mesmo xeito,ben sexa como membro
da banda (gaiteiro solista) ou de
outras
agrupacións, obtivo diversos premios
dentro da música tradicional, e actúa
en
diferentes lugares da xeografía
española
(Barcelona, País Vasco, Madrid,…).
Na actualidade é profesor de gaita e
percusión na asociación “Medúlio” de
Ferrol. |
 |
Marta- De onde
es?
Daniel – Son de
Barallobre.
- Tocas nalgún
grupo de gaita?
D.- Si, teño un
grupo que se chama Lúas verdes, todos somos da zona de A Coruña, de Miño,
Cecebre, … e tamén hai tempo que toquei na banda “Airiños” de Fene, que é de
aquí e tamén ensaian en Barallobre; e en varios grupos que teñen unha longa
traxectoria.
- A que anos
comezaches a tocar a gaita?
D.- Aos 10 anos.
- Apoioute
alguén para ir aprender a tocar a gaita?
D.- Si, os meus
pais.
- Quen che
comprou a primeira gaita?
D.- A primeira
gaita ….foi un pouquiño unha axuda de todos, de meus pais, de meus avós, … foi o
típico regalo para poder empezar.
- Participaches
nalgún concurso?
D.- Si, en
moitos concursos, tanto de solistas como de grupos.
- A cantos
sitios fuches tocar a gaita?
D.- Buff!, pois
non che podería dicir exactamente a cantos, mais a moitos, moitos. Non sei, pero
en total, ao mellor, foron máis de 100 actuacións entre a banda de gaitas e as
outras.
- A algún país?
D. – Si, a
Francia, Portugal. En Francia, participei no festival de Lorient, e, en Portugal
en varios festivais intercélticos.
- Agora, ao
estar estudando, terás dificultades para poder ensaiar?
D.- Ultimamente
si; cando estaba en Bacharelato non tanto, mais agora ultimamente si, aínda que
tampouco perdo demasiados ensaios.
- Cantas veces
ensaias á semana?
D.- Pois procuro
ensaiar todos os días un pouco, aínda que sexan só 15 minutos.
- Gravaches
algún disco?
D.- Non, agora
mesmo estamos niso.
- Cando pensades
editalo?
D.- Nestes
momentos estamos coa gravación polo que penso que tardaremos aínda un mes en
rematar esta primeira fase. Logo, para publicalo levaranos outro mes, e coas
historias legais que fan falla para que saia, outro mes. Ao final, contamos que
saia en maio.
- Pódesme dicir
algunhas cancións que sabes tocar?
D.- Si, vaia, de
todo, desde as típicas que tocaban os gaiteiros vellos desde hai 100 anos,
muiñeira de Chantada, ata a “jota” de Bergantiños, … moitísimas cancións.
- Cando remates
os estudos do ciclo superior de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos, vas
seguir tocando a gaita?
D.- Si, si, iso
espero, espero seguir tocando toda a vida. Non sei o tempo que terei, se terei
tanto coma agora mais espero seguir tocando sempre. É unha cousa que me gusta e
non resulta ningún impedimento estudar ou traballar.
- Cando vas
tocar por aí adiante, como te sentes?
D.- Ben, ao
principio, cando era máis pequeño, nas primeiras actuacións estaba un pouco
nervoso, pero hoxe en día, a base de ir tocando por aí, xa non me poño tan
nervoso. Hai veces que si, depende se hai moita xente, ou de outras
circunstancias. Normalmente non acostumo a poñerme nervoso.
- Gustaríache
ser profesor de gaita?
D.- Xa son
profesor de gaita, a día de hoxe, na escola de Medulio, en Ferrol. Dende hai
catro meses dou clases de gaita aos rapaces e tamén a persoas maiores.
- Como te sentes
dando clases aos nenos?
D.- Pois … a
verdade é que me gusta, porque é revivir un pouco a maneira que tiven eu de
aprender. Ademais, aprender aos rapaces sempre dá alegrías.
Marta Permuy Feliú (alumna de ESPA)

Non sexa tonto e inserte aquí a súa
publicidade como fan os demais
|