Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Visita a unha estación depuradora de augas residua

Visita a unha estación depuradora de augas residua

Pagina nueva 1

Neste curso, dentro do Proxecto Integrado do C.S de Regulación e Control, adicámonos ó control totalmente automatizado dunha estación depuradora de augas residuais.

Como o sistema é complexo -ou iso nos parece- dende o descoñecemento do tema, o primeiro que se fixo foi ir á busca de documentación sobre o tema: internet e bibliografía. Aínda que se atopou algunha documentación por unha o outra vía, o máis abraiante foi observar que na nosa comunidade autónoma case non existen referencias a ter en contra, e non falemos da comarca ferrolá.

Isto supuxo un problema á hora de poñernos en marcha. Despois de varias consultas -e algún fiasco que xa contarei- encontramos unha depuradora pública de augas residuais en Lugo, a onde nos diriximos, e moi amablemente nos recibiron.

Agora pasamos a contar de modo moi sinxelo o funcionamento da devandita depuradora:

Esta planta ten unha “antigüidade” de… ¡doce anos! e, por asombroso que vos poida parecer, xa quedou pequena, e disto hai varios anos; a dicir verdade, depurar, depura algo, máis ben pouco.

Deixando de lado estas anécdotas, pasamos ao que nos interesa. Á estación chegan tódalas augas domésticas e industriais da cidade de Lugo; destas, pasa á depuradora somentes o caudal que poida tratar; o resto vai directamente ao rio Miño.

Nunha primeira fase quítanselle os lixos grosos que traen, por medio de reixas a modo de filtros, pasando despois a un tratamento biolóxico no que unhas bacterias se encargan de facer desaparecer toda a materia orgánica contida na auga, e logo sométese a un tratamento químico polo cal se lle fan apousar os elementos sólidos en suspensión e se lle corrixe o pH -esta fase non a tiñan operativa nesta depuradora, e os motivos non nos quedaron moi claros-; e, por último, decántase para acabala de depurar.

Todo este proceso, do que saltamos algún que outro paso, ten como finalidade a obtención de auga pura para enviala novamente ós efluentes -neste caso o río-. A realidade visual é que a auga de saída non é tan pura como nós pensabamos ó principio.

Vista dun tanque de decantación da EDAR de Lugo