Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: A Olimpiada do saber

A Olimpiada do saber

Pagina nueva 1

 

            Coma estes últimos anos, celebrouse novamente a Olimpiada do Saber que organizan os responsables da Biblioteca. Nesta ocasión tratábase da novena edición.

 

             A esta olimpiada presentáronse  16 grupos con nomes así de  sonoros:

 

            AS DÚAS LISTILLAS, LIMA, FUNNY GIRL, LOS PÓLVORAS, O QUE SEMPRE PERDE, EL MÁS MEJOR, ESPA-BILADOS, LOS MALASAÑAS, GODOFREDO Y LAS ANIMADORAS, TANGABOYS, AS CINCO ESPÍAS, AS BAIXADAS A INTERNET, LOS COBRADORES DEL RAP, EL DE SIEMPRE, VÍCHELO…, CHAMPIONS.

 

            Como lembraredes, o concurso consistía en respostar en 24 horas a unha pregunta diaria de cultura xeral que tivese un certo grao de complicación. Ademais, acompañando estas preguntas, tamén se puxeron en marcha alternando cada semana  A Aposta e o Pista a Pista.

 

            A Aposta consistía nun xogo de enxeño que se propoñía os luns e duraba até o venres. No caso de acertar a súa resposta levabas tres puntos, mais no caso de errar perdías tamén tres puntos.

 

            En canto ao Pista a Pista, cada día se poñía unha pista  ata chegar ás cinco semanais. Canto antes acertases a resposta  máis puntos levabas: cinco puntos o martes, catro o mércores, etc.

 

            Houbo unha encarnizada batalla entre todos os grupos por facerse coa vitola de vencedor, razón pola que algún grupo desistíu de seguir na loita. Non obstante a maioría dos grupos chegaron ata o último día loitando  por acadar os seus merecidos puntos.

 

            Finalmente, o resultado foi tan axustado que houbo un empate no primeiro posto entre Antonio Cortizas Bañobre de 4º de ESO (EL MÁS MEJOR) e Juan Carlos Cortizas Bañobre de 3º de ESO (EL DE SIEMPRE). En segundo lugar quedou Edgar Ínsua Arias de 4º de ESO (CHAMPIONS), a só tres puntos de diferencia dos anteriores.

 

            Noraboa aos gañadores e ánimo a todas e todos para seguir competindo nas edicións seguintes.