Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: A única Galiza; a nosa Galiza

A única Galiza; a nosa Galiza

Galego non tes patria.

Galego non tes lingua.

Galego tes o que te mereces;

Por non seres nacionalista.

 

Nacín nunha aldea.

Vivín entre gando e terra.

Disfrutei da pipa,

a miña única amiga.

Chorei unha morea

cando a irmá se foi da aldea.

Non tiven máis saída

que emigrar á América;

Traballar na Pampa

con boas vacas.

Regresei con cartos,

sen nicho, sen coñecidos, sen familia.

Pra morrer na casa de onde saira.

 

Nacín eiquí;

Vivín eiquí;

Aprendín eiquí;

Soñei eiquí;

Traballei eiquí;

Disfrutei eiquí;

Chorei eiquí;

Morrerei na Galiza;

Eiquí.

 

 

Iván Pereira Permuy (2º Bach. B)